Budokan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Budokan (xaponés: 武道館) é un estilo de Karate que foi creado por Chew Choo Soot, despois de adestrar outros deportes de loita na xuventude mentres empezou o adestramento de karate cun oficial do exército xaponés, no período da ocupación xaponesa da Malaisia, a súa terra natal.[1] O estilo pretende sintetizar un prototipo de arte marcial orixinal, que complementa os estilos de karate Shotokan e Kenshinkan con elementos doutras modalidades, como wushu e taekwondo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Budokan Karate - A History and Style Guide of Budokan Karate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  2. "The Karate and KBI Story" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de outubro de 2014. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.