Buciños, Buciños, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buciños

Detalle da igrexa parroquia de Buciños
ParroquiaBuciños
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°32′18″N 7°51′10″O / 42.538361, -7.852667Coordenadas: 42°32′18″N 7°51′10″O / 42.538361, -7.852667
Poboación22 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de Buciños

Buciños é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 23 habitantes (12 mulleres e 11 homes), catro mulleres menos ca en 2016. En 2018 eran 24 (14 mulleres e 10 homes).

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome do lugar deriva do antropónimo en latín Buccinius relacionado con buccina/bucina[1].

Fóra da parroquia ningún outro lugar de Galicia leva o nome de Buciños.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, situada no lugar de Buciños, foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XIX. No seu interior consérvanse as cinzas de San Pexerto mártir, atopado en xaneiro de 1823 nas catacumbas de San Calisto de Roma[2]. Os restos foron doados en 1832 polo bispo de Valladolid José Antonio de Ribadeneira, natural desta parroquia, xunto cun vaso de sangue e a lápida de pedra do seu sepulcro anterior coas letras gravadas PEGERTVS[3]. O nome Pegerto foi moi común na contorna, e se ben a xente do lugar pronuncia "Pegerto ou Peguerto", a evolución natural de ser palabra patrimonial sería Pexerto. A súa festividade celébrase o 9 de setembro,[4] cunha romaría de sona porque a el ofrecíanse os mozos que entraban en quintas xa que era crenza que fora soldado en Roma. Moita xente ía o día 8 á Nosa Señora do Faro e xa continuaba para Buciños celebrar o San Pexerto.

Tamén era moi concorrida a festa do patrón San Miguel (29 de setembro) na que se xuntaba moita xente para "comer de campo" a carne ao caldeiro, o polbo á feira e a comida da casa. Ademais do campo da festa enchíanse de xente os prados da regueira. Como xa era unha festa tardía e no tempo da vendima repetíase o dito: San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.

Casa onde naceu o escultor Manuel García Buciños

Fronte á igrexa parroquial está a casa natal do escultor Manuel García "Buciños".

Buciños na cultura popular[editar | editar a fonte]

Carballedo, terra de boas mozas, que en Buciños sonche roxas!

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Buciños[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo)

Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "Arquitectura religiosa". Concello de Carballedo. Consultado o 06/07/2017. 
  3. "Pegerto". Lembranzas do Seminario de Lugo. Consultado o 06/07/2017. 
  4. Guerra, Jesús (2004). Vida y novena de San Pegerto de Buciños. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]