Buceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vista da praia de Buceo.
Porto de Buceo e edificio do Yacht Club Uruguayo.

El Buceo é un barrio localizado no sueste da cidade de Montevideo, Uruguai, situado na costa do Río da Prata, ao leste de Pocitos e ao oeste de Malvín. Os seus eixes principais son a rambla costeira e a avenida Rivera. Os seus límites son ao oeste as avenidas Luis Alberto de Herrera e 26 de Marzo, ao leste a avenida Comercio, ao norte a avenida Italia, e ao sur o Río de la Plata.

A costa describe dous pronunciados accidentes: a pequena baía de Porto de Buceo e a ampla Praia de Buceo.

A zona chamouse Buceo de la Luz desde 1752 debido aos mergulladores que participaron no rescate da carga dun barco afundido. Na súa praia desembarcaron os ingleses que sitiaron e tomaron Montevideo, entre xaneiro e febreiro de 1807. En maio de 1814 a flotilla revolucionaria ao mando do Arxentino Almirante Guillermo Brown bateu á armada real. Pouco despois os españois renderon Montevideo.

No século XIX instaláronse peiraos, salgadoiros, a aduana e porto de Oribe, pescadores, vivendas e o cemiterio (1872).

Buceo creceu no século XX como balneario, en 1939 instalouse o Yacht Club Uruguayo, en 1958 o Edificio Panamericano e en 1985 o Montevideo Shopping Center. Xunto a el edificáronse as torres do World Trade Center Montevideo e complexos habitacionais instalados en conxuntos de torres que cambiaron a fisonomía da zona. A día de hoxe hai numerosos centros nocturnos, pubs e restaurantes na zona comprendida entre o WTC e o porto de Buceo.

A Rambla Armenia coa súa praza completa a fisonomía urbana do Porto de Buceo. No punto onde a rambla describe unha pronunciada curva, érguese un edificio de estilo árabe, sede do actual Museo Oceanográfico "Dámaso Antonio Larrañaga".[1] Orixinalmente fora concibido para local nocturno (foi coñecido popularmente como "o cabaret da morte", pola proximidade do Cemiterio de Buceo).[2]

A Illa de Las Gaviotas marca o límite co barrio Malvín.

Notas[editar | editar a fonte]