Bruno Martins Indi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bruno Martins Indi
Bruno Martins Indi.jpg
Información persoal
Nacemento 8 de febreiro de 1992
  Barreiro
Nacionalidade Portugal
Altura 187 centímetros
Posición defensa central
editar datos en Wikidata ]

Rolando Maximiliano Martins Indi, nado en Barreiro o 8 de febreiro de 1992, máis coñecido como Bruno Martins Indi, é un futbolista portugués nacionalizado neerlandés e de pais de Guinea-Bissau que xoga como defensa central en Stoke City da Football League Championship de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Feyenoord[editar | editar a fonte]

Martins Indi uniuse ó primeiro equipo do Feyenoord logo de graduarse da academia de devandito club a comezos da tempada 2010-11.[1] Fixo o seu debut profesional co Feyenoord o 19 de agosto de 2010, cando foi titular nun partido pola Europa League como local fronte ó Gent.[2] Tres días despois debutou na liga no empate 1-1 ante o Heracles Almelo.[3] O 12 de setembro de 2010, Martins Indi recibiu un cartón vermello por primeira vez na súa carreira durante o tempo engadido na derrota 2-0 fronte ó NAC Breda. O 24 de outubro de 2010, Martins Indi foi parte da defensa xunto con André Bahia, Tim de Cler, e Stefan de Vrij logo de ingresar por Ruben Schaken no minuto 35 na derrota máis grande na historia do Feyenoord: 10–0 fronte ó PSV. O 31 de outubro de 2010, Martins Indi obtivo a súa primeira asistencia cando Luc Castaignos anotou o empate 1-1 nun partido contra o AZ Alkmaar, partido que o Feyenoord terminaría perdendo 2-1. O 17 de abril de 2011, Martins Indi anotou o seu primeiro gol como profesional na liga na goleada 6-1 sobre o Willem II. Foi eloxiado pola súa actuación xunto a Ryo Miyaichi e Georginio Wijnaldum.[4]

Na tempada 2011-12, Martins Indi converteuse nun titular regular baixo o novo adestrador do Feyenoord, Ronald Koeman. O 22 de outubro de 2011, Martins Indi anotou o seu primeiro gol da tempada na derrota 2-1 ante o VVV-Veno. O 22 de febreiro de 2012, Martins Indi asinou un novo contrato co Feyenoord até o ano 2016.[5]

Porto[editar | editar a fonte]

Martins Indi uniuse ó primeiro equipo do Porto de Portugal o 15 de xullo de 2014; equipo que adquiriu os seus dereitos deportivos por 7,7 millóns de euros.[6]

Notas[editar | editar a fonte]