Bruno Cardeñosa
Bruno Cardeñosa | |
---|---|
Nome completo | Bruno Cardeñosa Chao |
Nacemento | 18 de outubro de 1972 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade do País Vasco |
Ocupación | xornalista, escritor e presentador de televisión |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bruno Cardeñosa Chao, nado en Ourense en 1972, é un xornalista, escritor e reporteiro de radio, prensa e televisión, así como un dos ufólogos españois máis coñecidos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou periodismo na Universidade de Bilbao. Dende o 27 de outubro de 2007 presenta e dirixe o espazo radiofónico de Onda Cero La Rosa de los Vientos, tralo falecemento do seu director e creador Juan Antonio Cebrián; previamente formou parte do equipo de colaboradores deste programa dende 1999, intervindo na Tertulia Zona Cero, presentando unha sección propia e facéndose cargo do programa nos meses de agosto durante varias tempadas. Dende o 19 de setembro de 2007 é o director da revista Historia de Iberia Vieja (editada por América Ibérica).
Foi copresentador, xunto a Manuel Carballal, do programa radiofónico "Mundo Misterioso" (1994-1999), traballou coma redactor da revista Enigmas e colaborou no programa Channel nº4 (da cadea de televisión Cuatro). Con anterioridade foi redactor da revista Año Cero e redactor xefe da publicación Más allá.
Obras[editar | editar a fonte]
- 50 años de ovnis: las mejores evidencias (América Ibérica), ISBN 84-88337-28-0
- Los archivos secretos del Ejército del Aire (Bell Book), ISBN 84-923786-1-1
- 20 relatos inquietantes (Corona Borealis, 1995), en colaboración con VV.AA., ISBN 84-95645-22-X
- El código secreto (Grijalbo, 2001), ISBN 84-253-3587-6
- La invasión OVNI: La evidencia que los gobiernos ocultan (Nowtilus, 2002), ISBN 84-9763-028-9
- 100 Enigmas del Mundo (Corona Borealis, 2003), ISBN 84-95645-60-2
- 11-S. Historia de una infamia (Corona Borealis, 2003), ISBN 84-95645-53-X [1]
- 11-M. Claves de una conspiración (Espejo de tinta, 2004), ISBN 84-96280-05-5
- La jugada maestra. ¿A quién beneficia realmente el nuevo terrorismo mundial? (Temas de hoy, 2005), ISBN 84-8460-430-6
- Enigma (con Carlos Canales, Jesús Callejo e Juan Antonio Cebrián) (Temas de hoy, 2005), ISBN 84-8460-451-9
- El día de mañana. Incógnitas del futuro (Temas de hoy, 2006), ISBN 84-8460-516-7
- El Gobierno invisible. Think-tank: los hilos que manejan el mundo (Espejo de tinta, 2007), ISBN 84-96280-00-2
- El misterio OVNI: Un alto secreto al descubierto. Investigaciones y evidencias (Nowtilus, 2008)[2]
- Mentiras populares. Leyendas urbanas y otro engaños (Espejo de tinta, 2008), ISBN 84-96280-24-8
- 20 historias inquietantes (Minotauro, 2009), en colaboración con VV.AA., ISBN 978-84-450-7741-2
- Expedientes del misterio (Libros Cúpula, 2009), ISBN 978-84-480-4842-6
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Ojo Crítico. nº 75" (PDF).
- ↑ Chao, Bruno Cardeñosa (2010-01-01). El misterio Ovni: Un alto secreto al descubierto: investigaciones y evidencias (en castelán). Ediciones Nowtilus S.L. ISBN 978-84-9763-342-0.