Bruna Lombardi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bruna Lombardi
Bruna Lombardi.jpg
Nacemento1 de agosto de 1952
 São Paulo
NacionalidadeBrasil
Alma máterFundação Armando Álvares Penteado
Ocupaciónactriz, escritora, poeta, modelo, novelista e blogueira
PaiUgo Lombardi
CónxuxeCarlos Alberto Riccelli
FillosKim Riccelli
editar datos en Wikidata ]

Bruna Patrizia Maria Teresa Romilda Lombardi,[1] nada en São Paulo ou Río de Xaneiro[2][3][4][5][6] o 1 de agosto de 1952, é unha actriz, modelo e escritora brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do fotógrafo e cineasta italiano Ugo Lombardi e da actriz turca Yvonne Sandner Lombardi, Bruna estudou no Colexio Dante Alighieri, e formouse en dúas facultades, FAAP e ESPM.[7][8]

En 1967 comezou a traballar como modelo. A súa estrea na televisión foi en 1977, na telenovela Sem Lenço, sem Documento, de Mário Prata, pola Rede Globo. En 1978 foi para a TV Tupi para traballar na telenovela Aritana, onde coñeceu o actor Carlos Alberto Riccelli, o seu marido. Bruna volveu para a Rede Globo para actuar na miniserie Avenida Paulista, de 1982, escrita por Daniel Más e Leilah Assumpção, e, en 1983, interpretou Patrícia en Louco Amor, telenovela escrita por Gilberto Braga.

En 1985 actuou como Reinaldo Diadorim na miniserie Grande Sertão: Veredas, da Globo. En 1986 protagonizou a miniserie Memórias dun Gigolô e a telenovela Roda de Fogo.

En 2002 fixo a serie da Globo O Quinto dos Infernos como Branca Camargo.

En 2005 actuou como guionista e como actriz do filme Sob o Signo da Cidade, dirixido polo seu marido e rodado en São Paulo. No filme Stress, Orgasms, and Salvation, do mesmo ano, con dirección do Carlos Alberto Riccelli, Bruna actuou e asinou o guión.

Foi tamén presentadora do programa de entrevistas con personalidades Gente de Expressão, presentado nos domingos, ao final da noite, na Rede Manchete. No programa participaron como entrevistados grandes celebridades, tales como Mariah Carey, Dustin Hoffman, Jean-Claude Van Damme e Mel Brooks.

Posou para a revista Status, na edición de xuño de 1980, e para a Playboy (destaque na capa) en xaneiro de 1991.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Esta casada co actor Carlos Alberto Riccelli, con quen ten un fillo, Kim, nacido en 1981. A familia vive entre os Estados Unidos e São Paulo.

Carreira[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1977 Sem Lenço, sem Documento Carla Rede Globo
1978 Aritana Dra. Estela Rede Tupi
1980 Um Homem Muito Especial Mariana Band
1982 Avenida Paulista Anamaria Rede Globo
1983 Louco Amor Patrícia Dumont
1985 Grande Sertão: Veredas Diadorim
1986 Memórias de um Gigolô Lu
Roda de Fogo Lúcia Brandão
1992 De Corpo e Alma Betina Lopes Jordão
1996 O Fim do Mundo Gardênia
1999 Andando nas Nuvens Frida
2002 O Quinto dos Infernos Branca Camargo
2007 Mandrake Lena HBO
2017 A Vida Secreta dos Casais Sofia Prado

Cinema[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
1978 A Noite dos Duros
1983 O Cangaceiro Trapalhão Bruxa-fada Secabri / Raíña das Augas
2002 O Príncipe Maria Cristina
2005 Stress, Orgasms, and Salvation
2006 Brasília 18% Laura
2007 O Signo da Cidade Teca
2011 Onde Está a Felicidade? Teodora
2016 Amor em Sampa Aniz [9][10][11][12][13][14]

Libros[editar | editar a fonte]

  • No Ritmo dessa Festa (poesía, 1976. Editora Três)
  • Gaia (poesía, 1980. Editora Codecri)
  • O Perigo do Dragão (poesía, 1984. Editora Record)
  • Diário do Grande Sertão (rexistro poético das filmaxes, 1986. Editora Record)
  • Apenas bons amigos (infantil, 1987. Editora Globo)
  • Filmes Proibidos (narrativa, 1990. Companhia das Letras)
  • Meu ódio será tua herança (narrativa, 2004. Guanabara Koogan)
  • O Signo da Cidade (guión do filme, 2008. Imprensa Oficial de SP)
  • Jogo da Felicidade (autoaxuda, 2015. Livraria Saraiva)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Conheça os nomes reais dos famosos Terra
  2. "Perfil de Bruna Lombardi". Cinedica. Consultado o 3/6/2014. Bruna Lombardi nasceu na capital paulista... 
  3. "Bruna Lombardi". Adoro Cinema. s/data. Consultado o 3/6/14. 
  4. "Perfil Caras". Caras. s/data. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 3/6/14. 
  5. "Bruna Lombardi". Memorial da Fama. s/data. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 3/6/14. ... nasceu na cidade de São Paulo... 
  6. "Bruna Lombardi - Trajetória". Memória Globo. s/data. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 3/6/14. ... trocaram Roma pelo Rio de Janeiro, onde Bruna nasceu... 
  7. "Bruna Lombardi: "A Educação Ambiental é algo que deve ser inserido na grade urgentemente"" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016. ]
  8. BRUNA LOMBARDI Arquivado 18 de outubro de 2018 en Wayback Machine. acceso o 17 de decembro de 2016
  9. Maiana Pasini (5 de xullo de 2013). "Bruna Lombardi, Ricceli e filho repetem parceria em musical sobre o amor em SP". Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  10. Miguel Barbieri Jr. "Nas filmagens de Amor em Sampa, com Bruna Lombardi e Riccelli". Consultado o 5 de xullo de 2013. 
  11. "Filme “Amor em Sampa” seleciona atores pelo Facebook". Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  12. "Produção do filme "Amor em Sampa" abre seleção para atores". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  13. "Exclusivo: Bruna Lombardi fala sobre Amor em Sampa, seu novo filme". Consultado o 13 de xullo de 2013. 
  14. Folha de S. Paulo. "São Paulo é inspiração para longa metragem multigênero de Bruna Lombardi". Consultado o 28 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]