Encóntrase na confluencia dos ríos Mur e Mürz. Favorecida pola súa situcación no cruzamento de grandes camiños e polo súa proximidade a centro siderúrxico de Leoben, conta con manufacturas en produtos de papel. É unha cidade industrialmente activa, e un nó ferroviario na liña principal entre Graz e Viena.
Situada a unha altitude de entre os 468 e os 491 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 85,45 km².
Segundo o censo do 1 de xaneiro de 2022, a súa poboación é de 15 720 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación é de 184 hab./km².
O rexistro máis antigo que se conserva de Bruck data da época do rei Lois o Xermánico (c. 806-876), sucesor de Ludovico Pío, cando foi identificado, nun rexistro do 20 de novembro de 860, como "ad prucam", un pazo do arcebispado de Salzburgo. O asentamento identificado entón con este nome estaba no lugar que actualmente ocupa o arrabalde agora chamado "St. Ruprecht". O asentamento situado entón no que hoxe é o centro de Bruck é identificado nun rexistro do século IX como "muorica kimundi" (é dicir, a desembocadura do río Mürz).