Brookhattan
| Fundación | 1933 |
|---|---|
| Desaparición | 1962 |
O Brookhattan foi un club de fútbol estadounidense con sede na cidade de Nova York, que foi membro da American Soccer League (ASL) profesional de 1933 a 1962. O nome é unha mestura dos nomes de Manhattan e Brooklyn, onde xogaba. Máis tarde cambiou o seu nome a Brookhattan–Galicia (1948-1958),[1][2] Galicia (1958-1961) e Galicia–Honduras (1961-1962).[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundado como New York Brookhattan en 1933, uniuse á primeira ASL e lideraba a liga a metade da tempada da primavera de 1933 cando a liga colapsou.[4] A finais de 1933 uniuse á nova ASL como Brookhattan.[4] En 1942 gañou a Lewis Cup,[5] e en 1945 a ASL, a National Challenge Cup e de novo a Lewis Cup.[6]
En 1947, o importador de café galego Eugene Díaz, propietario do New York Galicia, comprou o Brookhattan, retirou o Galicia da National Soccer League de Nova York e transferiu os seus xogadores ao Brookhattan.[7][8][9] O equipo fusionado, renomeado como Brookhattan-Galicia, chegou á final da National Challenge Cup de 1948.[1]
Na tempada 1948/49, o cubano Pito Villanon, do Brookhattan, foi o máximo goleador da ASL,[10] repetindo na 1952/53, na que tamén foi elixido mellor xogador da liga.[10] Na tempada 1949/50 o máximo goleador do campionato foi outro futbolista do Brookhattan, Joe Gaetjens.[11] O equipo rematou subcampión da ASL en 1954.[12]
En 1961 o Galicia fusionouse co Honduras, un equipo que non pertencía á ASL, para formar o Galicia-Honduras.[13]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brucato, Thomas W. (2001). Major Leagues (en inglés). Scarecrow Press. ISBN 9780810839083.
- Colin, Jose (1988). The American Soccer League: The Golden Years of American Soccer 1921–1931 (en inglés). Scarecrow Press.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Soccer Champs: Simpkins (Ford) Team Wins U.S. Title". Automotive News (en castelán) 24 (3160) (Crain Communications). 22 de novembro de 1948. p. 25. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ "Hakoah Defeats Brookhattan in Soccer Final Before 6,121 Fans at Garden; LEAGUE CHAMPION TRIUMPHS BY 4-3 Hakoah Wins Soccer Event at Garden as Nash and Hornmoen Show Way". The New York Times (en inglés). 13 de novembro de 1958. p. 46. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ Brucato 2001, p. 38.
- 1 2 Colin 1988, p. 313.
- ↑ "Brookhattan". soccerstats.us (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2025.[Ligazón morta]
- ↑ "The Year in American Soccer - 1945" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ Graham, Bill (15 de outubro de 1947). "American Loop May Withdraw Soccer Protest". The Brooklyn Daily Eagle (en castelán). p. 18. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ Graham, Bill (6 de outubro de 1948). "Wanderer Club Again Wiped Off Soccer Books". The Brooklyn Daily Eagle (en inglés). p. 20. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ "The Year in American Soccer - 1948" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- 1 2 "ASL II Leading Scorers, 1933-1983" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ "Chasing Gaetjens" (en inglés). 26 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ "The Year in American Soccer - 1954" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2015. Consultado o 15 de outubro de 2025.
- ↑ Brucato 2001, p. 230.