George C. Brooke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Brooke, George Cyril")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
George C. Brooke
Datos persoais
Nacemento1884
Falecemento1934
NacionalidadeFlag of the United Kingdom.svg Británica
Actividade
CampoNumismática
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática inglesa.
Premios(1934): Medalla da RNS.
editar datos en Wikidata ]

George Cyril Brooke, nado en 1884 e finado o 11 de outubro de 1934, foi un numismático británico especializado na historia da moeda de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

George C. Brooke cursou a súa educación secundaria na Westminster School, de Londres, e posteriormente fixo a súa formación superior en Estudos Clásicos no Corpus Christi College, da Universidade de Cambridge, onde acadou o grao de mestrado en 1919 e o de doutor en 1930.[1]

Brooke ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1908 e converteuse en conservador auxiliar en 1932. Nesta institución familiarizouse coas moedas inglesas da colección e decidiu estudalas coa mesma profundidade coa que se trataban as moedas da Antigüidade. Sobre este tema publicou unha serie de artigos na revista The Numismatic Chronicle.[1] Unha das súas obras máis sinaladas é The British Museum Catalogue of Norman Coins, dentro da serie British Museum Catalogues of Coins, cuxa aparición constituíu un novo padrón para o estudo da moeda inglesa medieval.[2]

Á marxe do Museo Británico, en 1932 publicou outro dos seus traballos máis sobranceiros, titulado English Coins, un completo manual ilustrado da moeda inglesa.[2]

Entre outras sociedades e entidades académicas, Brooke foi membro dos consellos de dirección da Sociedade de Anticuarios de Londres, da Royal Numismatic Society e da British Numismatic Society. Tamén presidiu a Sociedade Numismática de Kent. A partir de 1913 foi editor xefe da revista Numismatic Chronicle, da Royal Numismatic Society, e tamén formou parte do consello editor do British Numismatic Journal, editado pola British Numismatic Society.[2]

Brooke foi o representante de Inglaterra na Comisión Internacional de Numismática.[2]

Logo do falecemento de Brooke en 1934, un grupo de persoas interesadas na súa obra emprenderon o proxecto coñecido como The Brooke Memorial, consistente na subscrición para a compra dun exemplar do escaso noble de ouro de Eduardo IV, a derradeira moeda que Brooke tivo nas súas mans antes de morrer, co obxectivo de doalo posteriormente ao Museo Británico. Entre os máis de 60 subscritores estaban numismáticos, moitos deles ligados ao propio museo, da relevancia de Arthur Evans, Helen Farquhar, Leonard Forrer, George F. Hill, George Macdonald, Harold Mattingly, ou Richard B. Whitehead.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

George C. Brooke é autor de tres traballos monográficos e de máis de medio cento de artigos, publicados cas exclusivamente en Numismatic Chronicle e en British Numismatic Journal.[6][7][8]

Monografías[editar | editar a fonte]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). Páxina 303.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). Páxina 304.
  3. Lawrence, L. A. (1935). “The Brooke Memorial”. En Numismatic Chronicle. Vol. XXV. Royal Numismatic Society. Páxinas 135-136.
  4. "Sir William Browne's Medals: Notice". Cambridge University Reporter.
  5. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  6. "Bibliography". En Allan, J.; Lawrence, L. A. (1934). Páxinas 306-308.
  7. "Brooke, G. C. (George Cyril) 1884-". WorlCat Identities.
  8. "Brooke, George Cyril 1884-1934". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]