Bronisław Bernacki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bronisław Bernacki
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1944 en Murafa, R.S.S. de Ucraína
Bispo de Odesa-Simferopol
2002 - actualidade

Bronisław Biernacki (en polaco; en ucraíno: Броніслав Бернацький, "Bronislav Bernatskyi"), nado o 30 de setembro de 1944 en Murafa (R.S.S. de Ucraína), é un eclesiástico católico latino, dende 2002 bispo de Odesa-Simferopol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 28 de maio de 1972 en Riga polo cardeal Julijans Vaivods, e posteriormente exerceu como párroco en Bar.

O 4 de maio de 2002 foi nomeado bispo da nova diocese de Odesa-Simferopol. Recibiu a consagración episcopal o 4 de xullo de 2002 de mans do cardeal Jaworski, e tivo como co-consagrantes ao bispo emérito de Kamianets-Podilskyi Jan Olszański e ao nuncio Nikola Eterović.[1]

O 1 de decembro de 2018 foi elixido presidente da Conferencia dos Bispos Católicos Latinos de Ucraína.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biskup Diecezjalny Bronisław Bernacki". Katedra pw Wniebowzięcie Najświętszej Maryi Panny - Rzymsko-Katolickiego Kościoła Odesa (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 21/12/2018. Consultado o 21/12/2018. 4 maja 2002 mianowany biskupem – ordynariuszem nowo powstałej diecezji Odesko-Symferopolskiej. Przyjął sakrę biskupią z rąk kardynała Mariana Jaworskiego dnia 4 lipca 2002 roku. Współkonsekratorami byli bp Jan Olszański i ówczesny nuncjusz apostolski na Ukrainie abp Nikola Eterović. 
  2. "Bishop Bronislav becomes new Chairman of the Conference of Roman-Catholic Bishops in Ukraine". Religious Information Service of Ukraine. 2 de decembro de 2018. Consultado o 21/12/2018.