Brimin Kiprop Kipruto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brimin Kiprop Kipruto
2011-06-09 Brimin Kipruto.jpg
Nacemento31 de xullo de 1985
 Kenya
NacionalidadeKenya
Ocupaciónatleta e mediofondista
editar datos en Wikidata ]
Medallas olímpicas
Prata 3000 mv Atenas 2004

Brimin Kiprop Kipruto ou Brimin Kipruto, nado o 31 de xullo de 1985 en Keiyo, é un atleta kenyano especialista en medio fondo e particularmente nos 3.000 m valados.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Brimin Kipruto é un atleta kenyano que se ten dedicado ao medio fondo en pista, e particularmente aos 3.000 m valados. Empezou a competir a nivel internacional xa en 2001, con só 16 anos, se ben en distancias curtas, pero a súa consagración chegoulle cando conseguiu a medalla de prata nos 3000 m valados nos Xogos de Atenas en 2004, con só 19 anos. Nos mundiais de Helsinqui en 2005 foi bronce nesa proba, pero conseguiu o ouro nos mundiais de Osaca en dous anos máis tarde, cunha marca de 8'13"82.

Vive na vila de Korkitony e adestra con Patrick Sang and Joseph Chelimo. A súa mellor marca é 8'04"22, realizada o 8 de xullo de 2005.

Predecesor:
Saif Saaeed Shaheen
 Med 1.png Campión do mundo de atletismo
3000 m v
 
2007 en Osaca
Sucesor:
-

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión do mundo de 3000 mv (2007)
  • Prata olímpica de 3000 mv (2004)
  • Medalla de bronce nos Mundiais de 3000 mv (2005)
  • Medalla de bronce nos Mundiais de 1500 mv júnior (2004)