Bright Ede
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 18 de febreiro de 2007 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Polonia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bright Ede, nado en Varsovia o 18 de febreiro de 2007, é un futbolista polaco que xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu en Varsovia, sendo fillo de nai polaca e pai nixeriano.[1] Comezou a xogar ao fútbol no Delta Warsaw, no que militou oito anos, antes de fichar polo Zagłębie Lubin en 2022. Despois de dous anos no equipo xuvenil, debutou co equipo filial do Zagłębie na II liga, xogando tres partidos antes de deixar o club.[2]
Motor Lublin
[editar | editar a fonte]O 10 de xaneiro de 2025 fichou polo Motor Lublin, da Ekstraklasa, co que asinou un contrato de 18 meses.[3] Debutou o 30 de marzo, saíndo como titular e marcando o segundo gol do seu equipo nunha vitoria por 4-1 contra o Stal Mielec.[4] Disputou un total de 17 encontros no ano e medio que permaneceu en Lublin.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]O 7 de xullo de 2026 asinou un contrato de cinco anos co Deportivo da Coruña,[5] que viña de ascender á Primeira División, e que pagou polo seu traspaso unha cifra próxima aos 6 millóns de euros segundo as informacións da prensa.[6]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías sub-18 e sub-19 da selección de Polonia.[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fortuna przeszła Zagłębiu Lubin koło nosa. Zresztą nie pierwszy raz" (en polaco). 5 de xuño de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "Bright Ede odchodzi z Zagłębia Lubin" (en polaco). 10 de xaneiro de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "Bright Ede nowym zawodnikiem Motoru" (en polaco). 10 de xaneiro de 2025. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "PKO BP Ekstraklasa. Motor Lublin rozjechał Stal Mielec, Birght Ede z golem w debiucie" (en polaco). 30 de marzo de 2025. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "BRIGHT EDE, CENTRAL ZURDO DE FUTURO PARA O DÉPOR". 7 de xullo de 2026. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "Transferowy rekord. Kolejny Polak zagra w LaLiga. Jest komunikat" (en polaco). 7 de xullo de 2026. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "Mateusz Dziewiatowski i Bright Ede powołani do kadry U-18" (en polaco). 29 de outubro de 2024. Consultado o 9 de xullo de 2026.
- ↑ "Bright Ede z powołaniem do reprezentacji Polski U-19" (en polaco). 10 de marzo de 2026. Consultado o 9 de xullo de 2026.