Brigantium (publicación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brigantium
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Brigantium, subtitulado Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña, foi un boletín bilingüe anual editado polo Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña.

Descrición[editar | editar a fonte]

Castelo de San Antón, sede do Museo Arqueolóxico e Histórico

Publicouse dende 1980 ata 1998 e foi dirixido por Felipe Senén López. O director honorario era Manuel Chamoso Lamas. Colaboraron nel, entre outros, José Manuel Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado e Raquel Casal García.

Os seus temas eran a prehistoria, a historia, a etnografía, a arqueoloxía, a arte, a epigrafía e a numismática. Sobresaíu pola presentación e calidade dos traballos, sempre ilustrados. O artigos comezaban por un resumo en castelán, galego ou inglés, segundo a lingua escollida polo autor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]