Saltar ao contido

Brigada Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Brigada Central
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Autoría
Temática
Ambientado enMadrid Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelevisión Española Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo2 de novembro de 1989 Editar o valor en Wikidata
Remate7 de decembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios26 Editar o valor en Wikidata
Tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt0222534 Filmaffinity: 493311 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Brigada Central é unha serie de televisión española de 26 episodios, dirixida por Pedro Masó e escrita polo escritor de novelas negras, Juan Madrid. Tivo dúas tempadas: a primeira, de 14 episodios, emitiuse entre o 2 de novembro de 1989 e o 2 de febreiro de 1990. A segunda, titulada Brigada central 2: La guerra blanca, con doce episodios, estivo en antena entre o 4 de outubro e o 7 de decembro de 1992.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Serie adicada ós policías de elite que son seleccionados para integrar o grupo especial da Brigada Central, que son os que realizan investigacións de alto nivel, como o crime organizado, delincuencia internacional, narcotráfico ou asasinatos en masa.

Xunto á labor profesional dos seus compoñentes, acompáñase un aspecto psicolóxico e persoal dos mesmos, en especial do xefe do grupo, un comisario de raza xitana chamado Manuel Flores (Imanol Arias), verdadeiro protagonista individual da serie. Xunto a el traballan o Comisario Poveda e os axentes Marchena, Lucas e Pacheco. No último episodio da primeira tempada, Flores era expulsado da Brigada Central.

Na segunda tempada Flores traballa como representante da policía no chamado grupo CETIS, un grupo creado no ámbito europeo para a loita contra o narcotráfico. É axudado polo policía francés Stan Krazwinovicz.

Primeira tempada

[editar | editar a fonte]

Segunda tempada

[editar | editar a fonte]
  • Margarita Rosa de Francisco (Marina Valdés)
  • Imanol Arias (Comisario Flores)
  • José Manuel Cervino (Comisario Poveda)
  • Roland Giraud (Stan)
  • Gustavo Angarita (Hipólito Valdés)
  • Sophie Carle (Marina)
  • Paul Guers (Schneider)
  • Féodor Atkine (Souza)
  • Zakariya Gouram (Laurence)
  • Olivier Marchal (Bebert)
  • Serge Ubrette (Martial)
  • Rudy Rodriguez.Claudia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]