Saltar ao contido

Brian Cipenga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrian Cipenga
Biografía
Nacemento1998 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Kinshasa Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Participou en
2026Mundial de Fútbol de 2026 Editar o valor en Wikidata

Brian Kibambe Cipenga, nado en Kinshasa o 11 de marzo de 1998, é un futbolista congolés que xoga de extremo esquerdo no Castellón e na selección da República Democrática do Congo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Kinshasa, trasladouse durante a súa xuventude a Portugal, e formouse como futbolista na canteira do Boavista. Despois de debutar co equipo filial na tempada 2017/18, en 2018 fichou polo Freamunde, pasando nos seguintes anos polo conxunto sub-23 do Famalicão, polo SC Ideal, polo Anadia e polo Vilaverdense.

En xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Paços de Ferreira, da Segunda Liga, no que xogou durante unha campaña.

No verán de 2024 fichou polo Castellón, da Segunda División española.[1]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2025 foi convocado pola selección nacional da República Democrática do Congo para unha serie de partidos de clasificación para a Copa do Mundo de 2026.[1]

  1. 1 2 "Brian Cipenga é reforço do P. Ferreira" (en portugués). 21 de xuño de 2023. Consultado o 16 de decembro de 2025.