Os seus pais, Elisabeth Hallin e mais Lasse Diding, tiñan pensado non rexistrar legalmente o seu fillo como protesta[2] contra a lei de nomes sueca (Namnlag (1982:670)), a cal di:
«Os nomes de pía non poderán ser aprobados se son ofensivos ou se poden supoñer unha incomodidade para a persoa que os usa, ou se por motivos obvios non son apropiados como nome de pía».
Despois de que os pais fracasaran ao intentar rexistrar o nome no quinto aniversario do cativo, unha corte do distrito de Halmstad, ao sur de Suecia, multounos con 5.000 coroas suecas (aproximadamente uns 500€). En resposta á multa, os pais enviaron o nome de 43 caracteres en maio de 1996, afirmando que era "un desenvolvemento expresionista que consideramos unha creación artística". Ademais, estes suxeriron que o nome debía ser entendido co espírito 'patafísico. A corte rexeitou o nome e mantivo a multa.
Máis adiante os pais trataron de cambiar a ortografía do nome por A (tamén pronunciado «Albin»). Outra vez, a corte negouse a aprobar o nome, citando a prohibición de ter un nome dunha soa letra.