Saltar ao contido

Brent Townsend

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrent Townsend
Biografía
Nacemento1962
Toronto, Canadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónWexford Collegiate School for the Arts Editar o valor en Wikidata
Q89547790Deseño do reverso da moeda de 2 dólares
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoArte da natureza e da vida salvaxe
Familia
CónxuxeKelly Townsend Editar o valor en Wikidata
FillosChristopher, Nicole e Alexander Townsend Editar o valor en Wikidata

Brent Townsend, nado en Toronto en 1962, é un pintor canadense especializado na natureza e a vida salvaxe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Townsend naceu en 1962 nos suburbios de Toronto, nunha casa situada no campo e en contacto coa natureza, o que marcou o seu foco de interese posterior como artista.[1][2]

Estudou Arte Comercial no Wexford Collegiate Institute (logo chamado Wexford Collegiate School for the Arts), aínda que como artista da natureza a súa formación foi autodidacta, baixo a inspiración doutros artistas como Carl Rungius e Andrew Wyeth.[1] Participou na poxa de arte Spirit of the Wild, do Fondo Mundial para a Natureza, e na Exposición de Arte de Especies en Perigo no Centro de Conservación de Kortright, Ontario. Foi nomeado "artista destacado" na Mostra Internacional de Arte da Vida Salvaxe de Voancouver, e nos Estados Unidos foi recoñecido como Artista do Ano pola Sociedade de Coleccionistas na Exposición de Arte do Oeste e Vida Silvestre de Minneapolis de 1989.[1] Tamén participou, xunto con outros catro artistas do seu país, nunha exposición de arte canadense no Museo Suntory de Osaca, Xapón.[2]

Brent Townsemd acadou a popularidade despois de que en 1996 o seu deseño dun oso polar camiñando sobre unha placa de xeo se convertese no motivo caracterítico do reverso da popular moeda canadense de dous dólares, emitida pola Real Casa da Moeda do Canadá.[2] A moeda leva impresas a súas inciais "BT", que o identifican como autor do deseño.[3] En Campbellford, Ontario, eríxese un monumento cunha réplica desta moeda.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Brent Townsend casou con Kelly Townsend, con quen tivo dous fillos e unha filla: Christopher, Nicole e Alexander.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Brent Townsend". Artandnature.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Brent Townsend - Biography". Brenttownsend.ca
  3. "2 Dollars - Elizabeth II Polar bear". Numista.com
  4. "2 Dollar Coin & Toonie Monument". Currencyproject.co