Saltar ao contido

Breno (século -IV)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBreno

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Brennus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Galia Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Monarca
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxefe de guerra Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Enciclopedia militar Sytin
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
Brenno representado no mascarón de proa do barco de batalla francés Brennus.

Breno (en latín: Brennus) foi un líder dos senóns. Derrotou ós romanos na batalla de Alia (18 de xullo de -390). En -387 liderou un exército de galos cisalpinos no seu ataque de Roma e capturou a maioría da cidade, mantendoa durante varios meses. O saqueo de Roma de Breno foi a única vez que a cidade foi ocupada por un exército non romano antes do caída da cidade ante os visigodos en 410.

Despois de cruzar os Apeninos atacou Clusium sen éxito. O val do Clanis permitiulle descender cara ó río Tíber, que cruzou, pasando polo país dos sabinos e avanzando pola via Salaria cara a Roma. Dispoñía duns 70 000 homes (segundo Diodoro Sículo).

Encontrouse co exército romano na batalla de Alia (Allia) cuns 40 000 homes. Breno, nunha gran manobra, cargou sobre a á dereita romana e arrasouna, derrotando despois a á esquerda; a continuación ben puido avanzar cara a Roma indefensa, pero perdeu unhas horas matando os romanos feridos e despois os soldados durmíronse por estar bébedos, o cal permitiulles ós romanos asegurar o Capitolio.

O terceiro día chegou a Roma, cuxas portas estaban abertas. 80 sacerdotes e moitos patricios foron masacrados e a cidade foi saqueada e queimada menos na parte do Palatino, onde Breno estabeleceu os seus cuarteis. Durante seis meses asediou o Capitolio e acabou reducindo a gornición e pedindo 1000 libras en pezas de ouro polo seu rescate. Segundo a lenda, durante a discusión sobre a precisión das medidas empregadas para pesar o ouro destinado ó rescate de Roma, Breno lanzou a súa espada contra as balanzas e pronunciou a famosa ameaza Vae victis!, "Ai dos vencidos!".

Despois, os galos abandonaron a cidade co seu botín. O orgullo romano probablemente fixo circular máis tarde que un grupo dos galos fora sorprendido e aniquilado preto de Caere, grupo no que algúns sitúan a Breno; Tito Livio fai aparecer no derradeiro momento a Marco Furio Camilo cun exército romano, derrotando os galos por dúas veces (antes da conquista do Capitolio) matando a Breno e á maior parte dos seus homes, mais é probable que se trate dunha versión interesada da historia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]