Brandon Sanderson
Brandon Sanderson, nado en Lincoln, Nebrasca,[1] o 19 de decembro de 1975, é un autor estadounidense de fantasía épica e ciencia ficción. É máis coñecido polo universo ficticio Cosmere, no cal se desenvolven a maioría das súas novelas de fantasía como a saga Mistborn e The Stormlight Archive. Tamén é coñecido por acabar a saga de alta fantasía de Robert Jordan The Wheel of Time.
Creou as Leis da Maxia de Sanderson e popularizou os termos "sistemas de maxia dura e branda". No 2008 comezou un podcast co autor Dan Wells e o debuxante Howard Tayler chamado Writing Excuses, no cal falan sobre temas relacionados coa creación de escritura de xénero e webcómics.
No 2016, a empresa de medios de comunicación estadounidense DMG Entertainment adquiriu os dereitos audiovisuais para a totalidade do Cosmere.[2]
Vida e traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e educación
[editar | editar a fonte]Brandon Sanderson naceu o 19 de decembro de 1975 en Lincoln, Nebraska. É o vello de catro irmáns. Sanderson converteuse nun lector apaixonado de novelas de alta fantasía na súa adolescencia e fixo varios intentos precoces de escribir as súas propias historias.[3] Despois de se graduar do instituto en 1994, acudiu a Brigham Young University (BYU) para estudar bioquímica. Pasou dous anos ausente desde 1995 a 1997 para servir como misioneiro voluntario para a Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días e foi asignado para servir en Corea do Sur.[3]
Após completar o seu servizo como misioneiro, Sanderson volveu a BYU e cambio a súa carreira por Literatura Inglesa. Mentres estudaba colleu un traballo de recepcionista nocturno nun hotel local en Provo, Utah, xa que lle permitía escribir mentres traballaba.[3] Un dos compañeiros de cuarto de Sanderson en BYU foi Ken Jennings, quen case dez anos despois se fixo famoso pola súa serie de 74 vitorias no concurso estadounidense Jeopardy!.[4] Sanderson graduouse no ano 2000 e continuou un posgrao en BYU, recibindo un mestrado en Inglés especializado en escritura creativa en 2004.[5] En BYU, Sanderson formaba parte de Leading Edge, unha revista semiprofesional de ficción especulativa publicada pola universidade, e foi o seu editor xefe durante un ano.
En 2006, Sanderson casou con Emily Bushman, unha colega da carreira e mestra,[6] quen máis tarde se converteu na súa xerente. Teñen tres fillos e residen en American Fork, Utah.[7]
Traxectoria temperá como escritor
[editar | editar a fonte]Sanderson escribiu de maneira constante durante os seus anos de estudante e para 2003 xa escribira doce novelas, aínda que ningunha editorial as aceptou para publicalas. No medio dun programa de posgraduado en BYU, o editor de Tor Books Moshe Feder contactou con el para dicirlle que quería adquirir un dos seus libros. Sanderson mandara o manuscrito da súa sexta novela, Elantris, un ano e medio antes. Elantris foi publicado por Tor Books o 21 de abril de 2005, con críticas xeralmente positivas. Seguiuno en 2006 Mistborn: The Final Empire, o primeiro libro na súa triloxía de fantasía Mistborn, na cal allomancers (persoas coa habilidade de "queimar" metais e aliaxes tras inxerilos) conseguen unha mellora dos seus sentidos e control do poderosas forzas sobrenaturais.
Publicou o segundo libro da saga Mistborn, The Well of Ascension, en 2007. Máis tarde ese ano, Sanderson publicou a novela infantil Alcatraz Versus the Evil Librarians, sobre un rapaz chamado Alcatraz con talento para romper cousas. Alcatraz enfróntase a un grupo de bibliotecarios malvados dispostos a conquistar o mundo. A primeira das súas "leis da maxia" foi publicada en 2007, coa segunda e a terceira publicadas en 2012 e 2013, respectivamente. No 2008, o terceiro e último libro da triloxía de Mistborn foi publicado, titulado The Hero of Ages, alén do segundo libro da saga Alcatraz, titulado Alcatraz Versus the Scrivener's Bones. Ese mesmo ano comezou o podcast Writing Excuses con Howard Tayler e Dan Wells.
The Wheel of Time
[editar | editar a fonte]Sanderson fíxose máis coñecido a finais de 2007, cando Harriet McDougal, a esposa e editora do autor Robert Jordan, escolleu a Sanderson para completar os libros finais da saga de fantasía épica de Jordan The Wheel of Time após a súa morte. McDougal pediulle que acabara a saga tras quedar profundamente impresionada pola primeira novela de Mistborn, The Final Empire. Tor Books fixo o anuncio o 7 de decembro de 2007. Tras revisar o que sería necesario para completar a saga, Sanderson e Tor anunciaron o 30 de marzo de 2009 que a publicación do final constaría de tres tomos e non un só. O primeiro deles, The Gathering Storm, foi publicado o 27 de outubro de 2009 e alcanzou o posto número un na listaxe de éxitos de vendas en tapa dura do New York Times. Towers of Midnight, o penúltimo libro de The Wheel of Time, foi publicado xusto un ano despois de The Gathering Storm, o 2 de novembro de 2010, debutando no número un das listas de éxitos. A comezos de 2013, a saga foi completada coa publicación de A Memory of Light.
Após The Wheel of Time
[editar | editar a fonte]No 2009, Tor Books publicou Warbreaker, que orixinalmente foi publicada capitularmente na páxina web de Sanderson mentres escribía a novela entre o 2006 e o 2009. No mesmo ano, o terceiro libro de Alcatraz foi publicado, titulado Alcatraz Versus the Knights of Crystallia. No 2010, Sanderson publicou The Way of Kings, o primeiro dunha saga de dez libros chamada The Stormlight Archive. Alcanzou o sétimo posto na listaxe de éxitos en tapa dura do New York Times. A cuarta novela de Alcatraz, Alcatraz Versus the Shattered Lens seguiuna pouco despois.
En outubro de 2011 acabou a novela curta en formato dixital Infinity Blade: Awakening, baseada no videoxogo de rol para iOS Infinitiy Blade, desenvolvido por Chair Entertainment e Epic Games. En novembro de 2011 publicou unha secuela da triloxía de Mistborn, The Alloy of Law. Orixinalmente foi planeada como unha novela independente ambientada uns 300 anos despois da triloxía orixinal, mais finalmente foi expandida a unha saga de catro libros. Debutou no sétimo posto da listaxe de éxitos do New York Times.
O 31 de agosto de 2012, Sanderson publicou unha novela curta de ciencia ficción titulada Legion, seguida dun relato curto titulado The Emperor's Soul. En 2013, Sanderson publicou dúas sagas novas para adolescentes. Estas incluían The Rithmatist e a primeira da saga The Reckoners, titulada Steelheart. En marzo de 2014, Words of Radiance, o segundo libro de The Stormlight Archive, foi publicado.
Máis tarde aquel ano, Sanderson tamén publicou a segunda novela curta da saga Legion: Skin Deep. En xaneiro de 2015, o segundo libro de The Reckoners, titulado Firefight, foi publicado. Nove meses despois Sanderson publicou Shadows of Self como secuela directa de The Alloy of Law. O 16 de novembro de 2015, a axencia de Sanderson, JABberwocky Literary Agency, anunciou oficialmente que Sanderson vendera máis de 7 millóns de copias en todo o mundo.
O 26 de xaneiro de 2016, The Bands of Mourning foi publicada como secuela de Shadows of Self. O 16 de febreiro de 2016, o terceiro e último libro da triloxía de The Reckoners, titulado Calamity, foi publicado. En xuño de 2016, a primeira novela gráfica de Sanderson, White Sand, escrita xunto con Rik Hoskin, foi lanzada. A saga será unha triloxía. As novelas gráficas están baseadas nun manuscrito orixinal de Sanderson. O 6 de setembro de 2016, o quinto libro de Alcatraz foi publicado, chamado Alcatraz Versus the Dark Talent.
O 22 de novembro de 2016, unha antoloxía de historias e novelas curtas do Cosmere titulada Arcanum Unbounded: The Cosmere Collection foi publicada. O terceiro libro de The Stormlight Archive, Oathbringer, foi publicado o 14 de novembro de 2017. O primeiro libro da saga Defiant, Skyward, foi publicado o 6 de novembro de 2018. O segundo libro da saga, Starsight, foi lanzado o 26 de novembro de 2019. En setembro de 2020 foi lanzado un proxecto colaborativo coa autora Mary Robinette Kowal chamado The Original. Rhythm of War, a cuarta novela de The Stormlight Archive, foi publicada o 17 de novembro de 2020. Nese ano, a axencia de Sanderson actualizou o seu número de copias vendidas a máis de 18 en todo o mundo e, a principios de 2021, a máis de 21 millóns.
Cosmere
[editar | editar a fonte]O Cosmere é o nome do universo en que se localizan Elantris, Mistborn, Warbreaker, The Stormlight Archive, White Sand e historias pertencentes a Arcanum Unbounded: The Cosmere Collection. Esta idea naceu do desexo de Sanderson de crear unha saga de extensión épica sen necesidade de que as persoas lectoras compraren un número ridículo de libros. Por ese motivo, oculta conexións con outras obras súas en cada libro, creando unha "épica oculta". Estima que a totalidade do cosmere podería concluír con, polo menos, 40 libros.
A historia do cosmere trata sobre un ser misterioso chamado Adonalsium, quen existiu nun mundo coñecido como Yolen. Adonalsium foi asasinado por un grupo de dezaseis conspiradores, resultando así na división do seu poder en dezaseis Shards ('estelas'), cada unha continente dun inmeso poder. As dezaseis persoas tomaron estas Estelas e viaxaron a novos mundos, habitándoos con diferentes sistemas de maxia. Nun caso, as Estelas de Ruin ('ruína') e Preservation ('conservación') traballaron xuntas para crearen un planeta e os seus habitantes (Scadrial, onde ten lugar a saga Mistborn).
Cada Estela ten unha Intent ('intención'), como Ambition ('ambición') ou Honor ('honor'), e a personalidade do portador cambia co tempo para adecuarse á súa intención. Odium asasinou (ou Estelou) varias Estelas. En Sel Estelou Devotion ('devoción') e Dominion ('dominio'), creando accidentalmente a dor, do cal Seons e Skaze emerxeron. En Roshar, Odium Estelou Honor e trouxo consigo a Everstorm ('tormenta eterna') e a True Desolation ('desolación verdadeira'). Tamén Estelou Ambition ('ambición'), no sistema Threnody. Un home chamado Hoid é visto ou mencionado na maioría dos libros do Cosmere. Viaxa aos chamados Shardworlds ('mundos de estela'), utilizando a xente de ditos mundos para levar a cabo un plan descoñecido.
Leis da Maxia de Sanderson
[editar | editar a fonte]A idea de maxia dura e maxia branda foi popularizada por Sanderson para a creación de mundo e a creación de sistemas de maxia en escenarios ficticios. A terminoloxía de branda e dura ten a súa orixe nas ciencias duras e brandas, ciencia ficción dura, fantasía dura e ciencia ficción branda e ambos termos son maneiras aproximadas de caracterizar os dous extremos dun espectro. Os sistemas de maxia dura seguen regras específicas, a maxia é controlada e explicada á persoa lectora na narración detallando as mecánicas sobre como a maxia funciona e pode ser empregada para construír mundos interesantes que xiren arredor do sistema de maxia. Os sistemas de maxia branda poden non ter regras ou límites claramente delimitados ou presentar unha explicación limitada do seu funcionamento e son usados para crear unha sensación de asombro na persoa lectora.
As tres leis da maxia de Sanderson son guías para a escritura creativa que poden ser usadas para crear sistemas de maxia para historias de fantasía.
- A habilidade dun autor ou autora de resolver un conflito con maxia é directamente proporcional a como de ben a persoa lectora entende dita maxia.
- As debilidades, os límites e os custos son máis interesantes ca os poderes.
- O autor ou a autora debería afondar no que xa é unha parte do sistema de maxia antes de engadir algo totalmente novo, xa que isto pode cambiar por completo como o sistema de maxia encaixa no mundo ficticio.
Adicionalmente, existe unha lei cero: sempre pecar de espectacularidade.
Docencia
[editar | editar a fonte]Sanderson é profesor adxunto en Brigham Young University, dando un curso de escritura creativa ao ano. Sanderson tamén participa no podcast semanal Writing Excuses co autor Dan Wells, a autora Mary Robinette Kowal e o debuxante web Howard Tayler.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Artigo principal: Bibliografía de Brandon Sanderson
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Sanderson ten sido nomeado e tamén ten gañado varios premios polos seus múltiples traballos. Ver Writing Excuses para galardóns e nomeamentos adicionais.
Ano | Organización | Título do premio
Categoría |
Traballo | Resultado | Referencia |
---|---|---|---|---|---|
2005 | Romantic Times | Reviewers' Choice Best Book Award
Best Epic Fantasy Novel Award |
Elantris | Gañador | |
2006 | World Science Fiction Convention | John W. Campbell Award for Best New Writer | Nomeado | ||
Romantic Times | Reviewers' Choice Best Book Award
Best Epic Fantasy Novel Award |
Mistborn | Nomeado | ||
2007 | World Science Fiction Convention | John W. Campbell Award for Best New Writer | Nomeado | ||
Romantic Times | Reviewers' Choice Best Book Award
Best Epic Fantasy Novel Award |
The Well of Ascension | Nomeado | ||
Universidade Politécnica de Cataluña | UPC Science Fiction Award | Defending Elysium | Gañador | ||
LDStorymakers | Whitney Awards
Best Speculative Fiction |
The Well of Ascension | Nomeado | ||
Whitney Awards
Best Youth Fiction |
Alcatraz Versus the Evil Librarians | Nomeado | |||
2008 | Romantic Times | Reviewers' Choice Best Book Award
Best Epic Fantasy Novel Award |
The Hero of Ages | Gañador | |
LDStorymakers | Whitney Awards
Best Speculative Fiction Award |
The Hero of Ages | Gañador | ||
2009 | LDStorymakers | Whitney Awards
Best Speculative Fiction Award |
Warbreaker | Nomeado | |
2010 | LDStorymakers | Whitney Awards
Best Speculative Fiction Award |
The Way of Kings | Gañador | |
LDStorymakers | Whitney Awards
Best Novel of the Year Award |
The Way of Kings | Gañador | ||
Goodreads | Goodreads Choice Awards 2010
Best Fantasy of 2010 |
Towers of Midnight | Gañador | ||
2011 | DGLA | David Gemmell Legend Award | The Way of Kings | Gañador | |
LDStorymakers | Whitney Awards
Best Speculative Fiction Award |
The Alloy of Law | Gañador | ||
2012 | Goodreads | Goodreads Choice Awards 2012
Best Fantasy of 2012 |
The Emperor's Soul | Nomeado | |
2013 | World Science Fiction Society | Hugo Award
Best Novella |
The Emperor's Soul | Gañador | |
World Fantasy Convention | World Fantasy Award
Best Novella |
The Emperor's Soul | Nomeado | ||
Goodreads | Goodreads Choice Awards 2013
Best Fantasy of 2013 |
A Memory of Light | Nomeado | ||
LDStorymakers | Whitney Awards
Best Young Adult-Speculative |
Steelheart | Gañador | ||
Goodreads | Goodreads Choice Awards 2013
Best Young Adult Fantasy of 2013 |
Steelheart | Nomeado | ||
2014 | World Science Fiction Society | Hugo Award
Best Novel |
The Wheel of Time | Nomeado | |
DGLA | David Gemmell Legend Award
Best Novel |
A Memory of Light | Nomeado | ||
Goodreads | Goodreads Choice Awards 2014
Best Fantasyof 2014 |
Words of Radiance | Nomeado | ||
Whitney Awards | 2014 Whitney Finalists
Speculative |
Words of Radiance | Gañador | ||
2015 | DGLA | David Gemmell Legend Award
Legend Award |
Words of Radiance | Gañador | |
Goodreads | Goodreads Choice Awards 2015
Best Fantasy of 2015 |
Shadows of Self | Nomeado | ||
Goodreads Choice Awards 2015
Best Young Adult Fantasy of 2015 |
Firefight | Nomeado | |||
2016 | World Science Fiction Society | Hugo Award
Best Novella |
Perfect State | Nomeado | |
Dragon Con | Dragon Award
Best Young Adult / Middle Grade Novel |
Calamity | Nomeado | ||
2017 | DGLA | David Gemmell Legend Award
Legend Award |
The Bands of Mourning | Nomeado | |
2018 | DGLA | David Gemmell Legend Award
Best Fantasy Novel |
Oathbringer | Nomeado | |
World Science Fiction Society | Hugo Award
Best Series |
The Stormlight Archive | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profile of Brandon Sanderson". writertopia.com (en inglés). 2012. Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ Lang, Brent; Lang, Brent (2016-10-27). "DMG Nabs Rights to Brandon Sanderson’s ‘Cosmere’ Book Universe in Massive Deal (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Consultado o 2021-05-06.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 chief (2009-11-23). "About Brandon". Brandon Sanderson (en inglés). Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Ken Jennings - Blog". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Profiles". Y Magazine (en inglés). Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "BrandonSanderson.com". web.archive.org. 2006-10-06. Archived from the original on 06 de outubro de 2006. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Brandon Sanderson: Brandon Sanderson Newsletter for February 2010". web.archive.org. 2013-04-18. Archived from the original on 18 de abril de 2013. Consultado o 2021-05-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brandon Sanderson |