Branca Vilela
Branca Vilela | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1964 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Branca Vilela Fernández, nada na Coruña o 6 de agosto de 1964, é unha poeta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou estudos de Xestión Empresarial. Foi armadora dunha empresa francesa e outra española. Despois foi empresaria de restauración e agora traballa na organización de congresos e recitais.
Escritora dende moi nova, gañou algúns premios literarios. O seu primeiro poemario Anclas varadas en la memoria (en castelán) apareceu en 2004. Co poemario A faciana das augas (2005) participou nun estudo da Universidade de Dakota do Norte e recibiu a mención de honra ao mellor poemario escrito en lingua romance o que a levou a facer unha xira por diferentes estados de EEUU. En 2008 foi finalista do II Premio Internacional Rubén Darío co libro Préstame tu voz. Premio Escriduende o conxunto da súa obra (2016).
É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, socia fundadora do Pen Club España e pertence a comisión de mulleres escritoras do Pen Club Internacional. Foi codirectora das Xornadas Literarias: Fisterra Patrimonio Cultural Europeo, I Encontro Cabana de Bergantiños, I Encontro e organizadora do I Recital Poético Solidario.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- A faciana das augas, 2005, Toxosoutos.
- Déixame a túa voz, 2008. Edición bilingüe galego-castelán. Editorial Sial
- A forza do poema, 2012, Lastura.
- No silencio dos lapis, 2017, Pigmalión Edypro.
- Costa da Morte, Territorio Literario (Antoloxía), 2017, Pigmalión Edypro.
- Adeus espido do mar, 2019, Trifolium.
- Pesadelo da creación, 2022, Medulia.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Edición bilingüe galego-castelán.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- La voz y la escritura. Sial.
- Guia viva de heterodoxos. Sial.
- La primera vez que perdí el alma, encontré el sexo. Sial.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Anclas varadas en la memoria, 2004, Sial.
- Me diste la tierra, 2013. Sial Pygmalion.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Branca Vilela na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.