Saltar ao contido

Brainiac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brainiac
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1992 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1992 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF125809096 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000086816190 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02ljqm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Facebook: 3RA1N1AC Twitter: brainiac_music Instagram: brainiac_band Youtube: UCEx0UlHKuiFym4j1e190iZQ Bandcamp: brainiacSouncloud: brainiac-official Spotify: 0No2Og1pAwgw0eMmY6PPVP Apple Music: 15801463 Last fm: Brainiac Musicbrainz: 8db9ae5b-4412-434a-aedd-dc2bb316c355 Songkick: 494841 Discogs: 20019 Allmusic: mn0000515755 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Brainiac (ás veces escrito como 3RA1N1AC) foi unha banda estadounidense de indie rock formada en 1992 en Dayton, Ohio. O grupo separaríase en 1997 tras a morte repentina do seu vocalista Tim Taylor.

Brainiac formouse en Dayton, Ohio, en xaneiro de 1992 co vocalista, guitarrista e teclista (principalmente de sintetizadores Moog) Tim Taylor, o baixista Monostereo (Juan Monasterio), a guitarrista Michelle Bodine e o batería Tyler Trent.[1] O 12 de marzo dese ano a banda realizou o seu primeiro concerto na cafetería da Wright State's University co nome de We'll Eat Anything.

Tras un feixe de sinxelos, o grupo publicou o seu ábum de estrea, Smack Bunny Baby, a través de Grass/BMG Records en 1993.[1] Bonsai Superstar, agora con John Schmersal na guitarra en lugar de Bodine, foi editado no ano seguinte.[1] En 1995 o grupo tocou no festival de Lollapalooza e gravou catro cancións no Reino Unido nunha Peel Session da BBC Radio 1. A banda fichou por Touch and Go Records e editou o EP Internationale, producido por Kim Deal (dos Pixies). O ano seguinte editaron o seu terceiro álbum, Hissing Prigs in Static Couture, a través do selo Touch and Go.[1] Os seus tres álbums foron producidos por Eli Janney (de Girls Against Boys).

Brainiac actuou como abreconcertos para Beck, The Breeders e The Jesus Lizard e recibiu ofertas de grandes discográficas. En 1997 a banda publicou un EP de música electrónica chamado Electro-Shock for President que acabaría sendo o seu derradeiro traballo: Taylor morreu nun accidente de tráfico on 23 de maio dese ano durante a prepodución do seu cuarto álbum, que ía ser editado por Interscope Records.[1] O grupo separouse pouco despois.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Smack Bunny Baby1993Grass/BMG
Bonsai Superstar1994Grass/BMG
Hissing Prigs in Static Couture1996Touch & Go
  1. 1 2 3 4 5 The Virgin encyclopedia of nineties music. London: Virgin in association with Muze UK. 2000. ISBN 0-7535-0427-8. OCLC 59455393.