Brahim Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Brahim díaz»)
Brahim Díaz
Brahim co Manchester City en 2017.
Información persoal
Nome Brahim Abdelkader Díaz
Nacemento 3 de agosto de 1999 (24 anos)
Lugar de nacemento Málaga, España
Altura 1,71 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Real Madrid CF
Número 21
Carreira xuvenil
2010–2013 Málaga
2013–2016 Manchester City
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2019 Manchester City 5 (0)
2019–actualidade Real Madrid 15 (1)
2020–2023Milan (cedido) 3 (1)
Selección nacional
2016–2017 España sub-17 10 (3)
2016–2018 España sub-19 10 (1)
2017– España sub-21 1 (0)
Na rede
IMDB: nm8052086 Twitter: Brahim Instagram: brahim UEFA: 250088039 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de outubro de 2020.
Selección: actualizado a 6 de xaneiro de 2019.editar datos en Wikidata ]

Brahim Abdelkader Díaz, nado o 3 de agosto de 1999 en Málaga (España) é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Madrid CF da Primeira División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Brahim iniciouse como futbolista con 6 anos no CD Tiro Pichón, club da súa cidade natal.[1][2] Aos 7 anos, foi fichado polo Málaga e xogou nas divisións infantís. En maio de 2010 foi elixido xogador revelación do Torneo Nacional Alevín celebrado en Estepona.[3][4] A súa gran habilidade chamou a atención doutros clubs, como o FC Barcelona ou o Real Madrid, con maior poder económico.[5][6][7][8]

O director da canteira do FC Barcelona, Albert Puig, chegou a un acordo cos seus pais para fichalo en xuño de 2011, pero o xeque do Málaga ofreceulle unhas mellores condicións, polo que Brahim continuou no Infantil B do club malagueño.[9][10] Ao ano seguinte o club blaugrana fixo unha oferta oficial polo neno, pero non chegaron a un acordo debido a que o club malacitano solicitaba 300 000 euros pola súa fichaxe, máis 4,5 millóns en variables.[9][11][12][13]

O 1 de decembro de 2013, o Málaga acordou co Manchester City o traspaso de Brahim, por un prezo de 300 000 euros máis variables por obxectivos.[14][15][16] O adestrador do City, Manuel Pellegrini, foi clave na negociación co Málaga, debido á súa boa relación con eles pola súa exitosa etapa no club.[17] Pasou varias semanas de preparación, e en xaneiro de 2014 viaxou coa sub-16 do Manchester City para xogar a Al Kass International Cup en Doha, a pesar de ter un ano menos da correspondente á categoría.[18] O 21 de outubro de 2015 debutou de maneira oficial na liga Xuvenil da UEFA, partido correspondente á fase de grupos. Entrou ao terreo de xogo no minuto 62 para xogar contra o Sevilla e o partido finalizou con marcador de 1-1.[19]

Manchester City[editar | editar a fonte]

Brahim debutou como profesional o 21 de setembro de 2016, nun partido da Copa da liga. Entrou no minuto 81 substituíndo a Kelechi Iheanacho, utilizou a camiseta número 55 e o City gañou 1-2 contra o Swansea City. Disputou o seu primeiro partido con 17 anos e 49 días.[20] O 21 de novembro de 2017 debutou na Liga de Campións nun encontro ante o Feyenoord no Etihad Stadium.[21] Dous meses despois debutou en Premier League ante o Newcastle.[22] O 1 de novembro de 2018 marcou os seus primeiros goles co club inglés na vitoria por 2 a 0 ante o Fulham na Copa da liga.[23]

Real Madrid[editar | editar a fonte]

O 6 de xaneiro de 2019, fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Madrid até 2025 tralo pagamento ao club inglés 17 millóns de euros fixos mais sete en variables.[24] Debutou de forma oficial o mércores 9 de xaneiro na Copa do Rei contra o Club Deportivo Leganés, substituíndo a Vinícius Júnior no minuto 78 do partido de ida dos oitavos de final.[25]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En maio de 2016, participou no Europeo sub-17, onde a selección española quedou subcampioa tras perder na quenda de penaltis ante Portugal. Brahim foi un dos máximos goleadores do torneo con tres tantos.[26][27] Entre novembro de 2016 e marzo de 2018 foi internacional sub-19, aínda que o combinado nacional fallou para clasificarse ao Europeo nos dous anos.

O 1 de setembro de 2017 debutou coa selección sub-21 nun amigable ante Italia.[28] O seu debut, con apenas 18 anos, converteuno nun dos debutantes máis novos da selección.[29]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Div Tempada Ligas nacionais(1)



Copas nacionais(2)



Torneos internacionais(3)



Total Media goleadora



Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist. Part. Goles Asist.

Manchester City F.C.
Inglaterra Inglaterra

1.ª
2016-17 0 0 0 1 0 0 0 0 0 1 0 0 0,0
2017-18 5 0 0 2 0 0 3 0 0 10 0 0 0,0
2018-19 0 0 0 4 2 0 0 0 0 4 2 0 0,5
Total club 5 0 0 7 2 0 3 0 0 15 2 0 0,14
Real Madrid Club de Fútbol
España España
1.ª 2018-19 1 0 0 2 0 0 0 0 0 3 0 0 0
Total club 1 0 0 2 0 0 0 0 0 3 0 0 0
Total carreira 6 0 0 9 2 0 3 0 0 18 2 0 0,14
(1) Inclúe datos da Premier League

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais
Título Club País Ano
Copa da liga Manchester City Inglaterra Inglaterra 2018
Premier League Manchester City Inglaterra Inglaterra 2018
Community Shield Manchester City Inglaterra Inglaterra 2018

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El malagueño Brahim podría cumplir su sueño de debutar en el City". laopiniondemalaga.es (en castelán). 21-09-2016. Consultado o 03-05-2019. 
  2. Castro, Juan (30-12-2018). "Brahim Díaz: empezó en el Mortadelo, firmó con el Barcelona... y jugará en el Madrid". marca.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  3. Macías, Juanjo (04-06-2010). "El Málaga cae en cuartos de final del Torneo Nacional Blue BBVA". diariosur.es (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  4. Malo, José L. (20-10-2010). "Un guiño a la cantera a través de Brahim, uno de sus símbolos". malagahoy (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  5. Gallardo, Antonio (12-03-2011). "El Barça quiere 'robar' a la perla de la cantera: Brahim". as.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  6. Gallardo, A. (12-03-2011). "El Barça quiere a Brahim, el niño prodigio de la cantera". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  7. Castilla, Alonso (29-07-2019). "El misterio de Brahim Díaz, el gran tesoro que mima Pep Guardiola". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  8. Castro, Juan (11-02-2016). "Un malagueño en el City". marca.com (en castelán). Consultado o 03-05-2019. 
  9. 9,0 9,1 Hinojal, Luuis Miguel (05-01-2019). "Brahim Díaz: otro diamante que pulir en el Real Madrid". elpais.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  10. Ballesteros, Jesús (25-06-2011). "La 'joya de la corona' del Málaga dice 'no' al Barça (25 de junio de 2011)". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  11. Roura, Conchita (19-09-2012). "El Málaga ahora pide 300.000 euros por Brahim más 4,5 'kilos' por objetivos". mundodeportivo.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  12. "Brahim se queda en el Málaga al no haber acuerdo entre clubs con el Barça". mundodeportivo.com (en castelán). 22-09-2012. Consultado o 04-05-2019. 
  13. Romero, Gerard (19-05-2016). "Brahim Díaz, la sensación de la Sub'17, fue blaugrana unas horas". sport.es (en castelán). Sport.es. 
  14. "El Manchester City arrebata al Barcelona al «nuevo Messi»". abc.es (en castelán). 10-12-2013. Consultado o 04-05-2019. 
  15. Olías Málaga, JOSÉ MANUEL OLÍAS MÁLAGA (01-12-2013). "Málaga y Manchester City rubrican el traspaso de Brahim". malagahoy.es (en castelán). Málaga Hoy. Consultado o 04-05-2019. 
  16. Gallardo, Antonio. "Brahim, la perla de la cantera del Málaga, se va al City". as.com (en castelán). AS.com. Consultado o 04-05-2019. 
  17. "Pellegrini gana la pulseada al Barcelona por el "nuevo Messi"". emol.com. 03-12-2013. Consultado o 04-05-2019. 
  18. "Brahim ya se exhibe". malagahoy.es (en castelán). Málaga Hoy. 23-01-2014. Consultado o 04-05-2019. 
  19. "Brahim debuta oficialmente con el City". eldesmarque.com (en castelán). 21-10-2015. Consultado o 04-05-2019. 
  20. "Guardiola hace debutar a Brahim". eldesmarque.com (en castelán). 22-09-2016. Consultado o 04-05-2019. 
  21. "El sueño ya es una realidad.". mediabasesports.com (en castelán). 22-11-2017. Arquivado dende o orixinal o 04-01-2019. Consultado o 04-05-2019. 
  22. "El día soñado". mediabasesports.com (en castelán). 21-01-2018. Arquivado dende o orixinal o 05-01-2019. Consultado o 03-05-2019. 
  23. Grado, Álvaro de (01-11-2018). "Premier League: Doblete de Brahim para tumbar al Fulham y meter al City en cuartos de final". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  24. Santos Chozas, Sergio (07-01-2019). ""Sólo barajé tres opciones: el Madrid, el Madrid y el Madrid"". as.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  25. Lara, Miguel Ángel (10-01-2019). "Fichaje, presentación y debut de Brahim: "Me lo tomo con tranquilidad"". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  26. Santos Chozas, Sergio (19-05-2016). "España Sub-17 Brahim: la perla de la Sub-17 por la que suspira Guardiola". as.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  27. Santos Chozas, Sergio (21-05-2016). "España pierde el Europeo Sub-17 en la tanda de penaltis". as.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 
  28. "Brahim debuta con la selección sub-21". diariosur.es (en castelán). 02-09-2017. Consultado o 04-05-2019. 
  29. Castro, Juan (31-08-2017). "Selección de España: 'Bebé' Brahim a bordo". marca.com (en castelán). Consultado o 04-05-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]