Boudhanath
Boudhanath | |
---|---|
![]() Estupa de Boudhanath | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 27°43′17″N 85°21′43″L / 27.72139, -85.36194 |
Tipo | Cultural |
Criterios | (iii, iv, vi) |
Inscrición | 1979 |
Rexión da UNESCO | Asia e Oceanía |
Identificador | 121 |
Boudhanath (en devanágari: बौद्धनाथ), tamén chamado Boudha, Bouddhanath ou Baudhanath ou o Khāsa Caitya, é un dos lugares máis sagrados do budismo en Katmandú, Nepal. É coñecido como Khāsti en lingua newari, Jyarung Khasyor en lingua tamang ou como Bauddha polos modernos falantes de nepalés.[1] Está situado a 11 km do centro, na periferia ao noroeste de Katmandú. Trátase dunha das estupas esféricas máis grandes do Nepal, representando o mandala.[2]
A estupa budista de Boudhanath domina o horizonte. A antiga estupa é unha das maiores do mundo. A afluencia de grandes poboacións de refuxiados do Tíbet propiciou a construción de 50 gompas tibetanas (mosteiros) arredor do Boudhanath. Dende 1979, o Boudhanath é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Xunto co Swayambhunath, é un dos lugares máis populares para os turistas na área de Katmandú.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Snellgrove, David (1987). Shambhala Publications, ed. Indo-Tibetan Buddhism: Indian Buddhists and Their Tibetan Successors. 2 vols. Boston. p. 365. ISBN 0-87773-311-2.
- ↑ "Fables of Boudhanath and Changunarayan". nepalnews.com. Arquivado dende o orixinal o 09-02-2007. Consultado o 05-06-2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boudhanath |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dowman, Keith (1973). Tibetan Nyingma Meditation Center. Dharma Books., ed. The Legend of the Great Stupa and The Life Story of the Lotus Born Guru. Berkeley, California.
- Lama Anagarika Govinda (1976). Dharma Books, ed. Psycho-cosmic Symbolism of the Buddhist Stūpa. Berkeley, California. ISBN 0-913546-36-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Boudhanath en www.weallnepali.com (en inglés)
- Imaxes do BoudhanathArquivado 29 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en alemán)