Bosques virxes de Komi
| Tipo | espazo natural área protexida de Rusia bosque primario bosque Patrimonio da Humanidade | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | República dos Komis, Rusia | |||
| Localización | Montes Urais | |||
| ||||
| Composto por | ||||
| Características | ||||
| Superficie | 3.280.000 ha | |||
| Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
| Data | 4 de xuño de 2014 | |||
| Identificador | 5925 | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 1995 (19ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (ix) | |||
| Identificador | 719 | |||
| Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Parque Nacional Yugyd Va | ||||
| Data | 1995 (19ª Sesión) | |||
| Identificador | 719-001 | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
|
| ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Reserva Natural Pechora-Ilych | ||||
| Data | 1995 (19ª Sesión) | |||
| Identificador | 719-002 | |||
| Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | ||||
| Reserva da biosfera | ||||
| Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
|
| ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| distrito forestal de Yaksha | ||||
| Data | 1995 (19ª Sesión) | |||
| Identificador | 719-003 | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1995 | |||
| Sitio web | vfk.komi.com | |||
Os bosques virxes de Komi son parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. Atópanse na parte norte dos montes Urais, na república rusa dos Komis. Cos seus 32 800 km² é o bosque virxe meirande de Europa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os bosques virxes de Komi pertencen á ecorrexión da taiga dos montes Urais. As especies de árbores máis abondosas son a picea siberiana, o abeto siberiano e o lárice siberiano. No tocante aos mamíferos, destacan o reno, a marta, a donicela e a lebre.
A contorna pertencen á reserva natural Pechora-Ilich e ao parque nacional Yugyd Va ruso. O seu status como Patrimonio da Humanidade foi recoñecido en 1995, converténdose na primeira contorna natural en acadar tal distinción neste país.[1] Este recoñecemento trouxo máis fondos do estranxeiro e salvouno da corta a mans da compañía francesa HUET Holding. Porén, a conservación deste sitio está aínda ameazada, con cortas ilegais e a minaría do ouro. Antes da súa protección, a zona norte do parque nacional Yugyd Va explotábase polos seus depósitos de ouro.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Virgin Komi Forests". UNESCO Culture Sector. Consultado o 10 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bosques virxes de Komi (na páxina de Patrimonio da Humanidade da UNESCO) (en inglés)
- UNEP-WCMC World Heritage - Virgin Komi Forests
- Virgin Komi Forests at Natural Heritage Protection Fund
