Saltar ao contido

Ecosistema de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bosques de montaña»)
Un lago subalpino na cordilleira das Cascadas, Washington, Estados Unidos.

Os ecosistemas de montaña atópanse nas ladeiras das montañas. O clima alpino reinante nestas rexións afecta fortemente ao ecosistema porque as temperaturas baixan a medida que aumenta a altura, causando a estratificación do ecosistema. Esta estratificación é un factor crucial para definir a comunidade de plantas, biodiversidade, procesos metabólicos e dinámica dos ecosistemas montañeses.[1] Os bosques de montaña densos son comúns a alturas moderadas, debido ás temperaturas moderadas e alta precipitación. A alturas maiores, o clima é máis duro, con temperaturas máis baixas e ventos máis fortes, o que impide o crecemento de árbores e causa que a comunidade de plantas transicione a pradeiras e matos de montaña ou a unha tundra alpina. Debido á condicións climáticas únicas dos ecosistemas de montaña, estes conteñen un gran número de especies endémicas. Os ecosistemas de montaña tamén mostran variacións nas utilidades ou servizos do ecosistema, o cal inclúe o almacenamento de cabono e a provisión de auga.[2]

Zonas de vida

[editar | editar a fonte]
Área poboada con Betula pubescens a uns 750 m de altura en Trollheimen, típico de bosques subalpinos escandinavos.

A medida que aumenta a altura, o clima faise máis frío, debido á diminución da presión atmosférica e o arrefriamento adiabático das masas de aire.[3] En latitudes medias, o cambio no clima ao ascender 100 metros nunha montaña é aproximadamente equivalente a moverse 80 km (ou 0,75° de latitude) cara ao polo terrestre máis próximo.[4] A flora e fauna característica nas montañas tende a depender fortemente da altura, debido ao cambio no clima. Esta dependencia causa a formación de zonas de vida: bandas de ecosistemas similares ás mesmas alturas.[5]

Unha das zonas de vida típicas nas montañas é o bosque de montaña: a alturas moderadas a precipitación e o clima temperado favorece o crecemento de bosques densos. Holdridge define o clima do bosque de montaña como propio de biotemperaturas entre 6 e 12 °C, onde a biotemperatura é a temperatura media considerando as temperaturas por baixo de 0 °C como 0 °C.[5] Sobre a elevación do bosque de montaña, as árbores fanse máis finos na zona subalpina, convértense no que se chama krummholz retortos, e finalmente deixan de medrar. Por tanto, os bosques de montaña adoitan conter árbores con troncos retortos. Este fenómeno débese ao incremento da forza do vento coa altura. A altura á que as árbores deixan de crecer denomínase liña de árbores. A biotemperatura da zona subalpina está entre 3 e 6 °C.[5]

Altura á que se encontra a liña de árbores coa latitude.[6]

Sobre a liña de árbores o ecosistema chámase zona alpina ou tundra alpina, dominada por herbas e arbustos de crecemento lento. A biotemperatura da zona alpina está entre os 1,5 e 3 °C. No ambiente da zona alpina viven moitas especies de plantas, incluíndo herbáceas perennes, ciperáceas, non-graminoides, plantas en coxín, musgos e liques.[7] As plantas alpinas deben adaptarse ás duras condicións do ambiente alpino, caracterizadas por temperaturas baixas, sequidade, radiación ultravioleta e unha estación de crecemento curta. As plantas alpinas mostran adaptacións como estruturas en roseta, superficies cerosas e follas peludas. Debido ás características comúns destas zonas, o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) agrupa un conxunto de ecorrexións relacionadas na denominación bioma de "pradeiras e matos de montaña". Unha rexión nas montañas Hengduan lindantes coa meseta do Tíbet asiática foron identificadas como o ecosistema alpino continuo máis antigo do mundo cunha comunidade de 3.000 especies de plantas, algunhas das cales levan coexistindo ininterrompidamente desde hai 30 millóns de anos.[8]

Os climas con biotemperaturas por debaixo de 1,5 °C tenden a crear paisaxes que consisten puramente en rochas e xeo.[5]

Bosques de montaña

[editar | editar a fonte]
Waimea Canyon, Hawaii, é coñecido pola súa vexetación de montaña.

Os bosques de montaña crecen entre a zona submontana e a zona subalpina. A altura á cal se cambia dun hábitat a outro varía segundo a parte do mundo, especialmente debido á latitude. O límite superior dos bosques de montaña, a liña de árbores, adoita estar marcada por un cambio a especies máis resistentes que se produce en áreas menos densas do bosque.[9] Por exemplo, en Serra Nevada en California, o bosque de montaña ten áreas densas do piñeiro Pinus contorta e do abeto Abies magnifica, mentres que a zona subalpina de Serra Nevada contén arboredos pouco densos do piñeiro Pinus albicaulis.[10]

O límite inferior da zona montañosa pode ser unha "liña arbórea inferior" que separa o bosque de montaña das rexións máis secas de estepa ou deserto.[9]

Os bosques de montaña difiren dos bosques de terras baixas da mesma área.[11] O clima dos bosques de montaña é máis frío que o das terras baixas da mesma latitude, de tal xeito que os bosques de montaña adoitan ter especies típicas de bosques de terras baixas de latitudes maiores.[12] Os actividades humanas poden alterar os bosques de montaña debido á explotación forestal e a agricultura.[11] En montañas illadas, os bosques de montaña rodeados de rexións secas desprovistas de árbores son típicos ecosistemas de "illas no ceo".[13]

Clima temperado

[editar | editar a fonte]
Bosque de montaña temperado en Baviera, Alemaña.

Os bosques de montaña de climas temperados son normalmente un bosque de coníferas temperado ou un bosque de folla ancha e mixto temperado, que son tipos de bosques ben coñecidos de Europa e o nordés de América do Norte. Os bosques de montaña fóra de Europa tenden a ser máis ricos en especies, porque Europa durante o Plistoceno ofrecía unha área de refuxio máis pequena ante os glaciares.[14]

Os bosques de montaña en climas temperados aparecen en Europa (os Alpes, Cárpatos e outros lugares),[15] en América do Norte (por exemplo, os Apalaches, Montañas Rochosas, cordilleira das Cascadas e Serra Nevada),[16] América do Sur,[17] Nova Zelandia,[18] e os Himalaias.

Predise que o cambio climático afectará os bosques de montaña temperados. Por exemplo, no noroeste do Pacífico de América do Norte, o cambio climático pode causar unha "posible redución da capa de neve, maiores niveis de evapotranspiración, e aumento da seca no verán", o que afectará negativamente as zonas húmidas de montaña.[19]

Clima mediterráneo

[editar | editar a fonte]
Mato arbustivo con carballos iraniano nos Montes Zagros.

Os bosques de montaña no clima mediteráneo son cálidos e secos excepto en inverno cando son relativamente húmidos e con temperaturas suaves. Os bosque de montaña localizados en zonas de clima mediterráneo, coñecidos como oro-mediterráneos, presentan árbores de grande altura xunto con elevada biomasa.[20] Estes bosques son normalmente mixtos de coníferas e árbores de folla ancha, con só unhas poucas especies de coníferas. Os Pinus (piñeiros) e Juniperus (xenebreiros) son árbores típicas destes bosques. As árbores de folla ancha presentan máis variedade e son a miúdo perennes, como os carballos perennes.[Cómpre referencia]

Este tipo de bosque atópase na cunca mediterránea, norte de África, México, o suroeste dos Estados Unidos, Irán, Paquistán e Afganistán.[Cómpre referencia]

Clima subtropical e tropical

[editar | editar a fonte]
Bosques de montaña tropicais aos 2.000 m de altura en Malaisia

Nos trópicos, os bosques de montaña poden consistir en bosques de folla ancha ademais de bosques de coníferas. Un exemplo de bosque de montaña tropical é un bosque nubrado, que obtén a súa humidade das nubes e néboas.[21][22][23] Os bosques nubrados adoitan mostrar unha abundancia de musgos cubrindo o chan e a vexetación, e nese caso tamén se denominan bosques musgosos. Os bosques musgosos xeralmente desenvólvense en montañas con portelas, onde a humidade introducida polas nubes estancadas retense de forma máis efectiva.[24] Dependendo da latitude, o límite inferior dos bosques pluviais de montaña en montañas grandes está xeralmente entre os 1.500 e os 2.500 m, mentres que o límite superior adoita estar entre 2.400 e 3.300 m.[25]

Os bosques de montaña tropicais poderían mostrar unha alta sensibilidade ao cambio climático.[26][27] O cambio climático pode causar variacións na temperatura, precipitación e humidade, o cal causa estrés nos bosques de montaña tropicais. Os impactos preditos do cambio climático poderían afectar significativamente a perda de biodiversidade e poderían causar un cambio de especies e na dinámica da comunidade. Os modelos do clima globais predín unha redución da nubosidade no futuro. Esta redución pode estar xa afectando o bosque nubrado de Monteverde de Costa Rica.[28][29]

Zona subalpina

[editar | editar a fonte]

A zona subalpina é a zona biótica inmediatamente por debaixo da liña de árbores arredor do mundo. Nas rexións tropicais do sueste asiático a liña de árbores pode estar por riba dos 4.000 m,[30] mentres que en países ao norte como Escocia pode estar a só 450 m de altura.[31] As especies que aparecen nesta zona dependen da localización da zona na Terra; por exemplo, Pinus mugo vive en Europa,[32] o Eucalyptus pauciflora en Australia,[33] e o lárice Larix lyallii, a tsuga Tsuga mertensiana, e o abeto Abies lasiocarpa no oeste de América do Norte.[34]

Abies lasiocarpa no Parque Nacional de Monte Rainier, Washington, Estados Unidos.

As árbores na zona subalpina a miúdo fanse retortos ou atrofiados (o que se designa co termo alemán krummholz). Na liña de árbores, as plántulas de árbores poden xermolar no lado de sotavento das rochas e crecen só ata a altura na que as rochas lle ofrecen protección contra o vento. O resto do crecemento é máis horizontal que vertical, e poden producirse enraizamentos adicionais alí onde as pólas tocan o chan. A cuberta de neve pode protexer as árbores krummholz durante o inverno, mais as pólas que son máis altas que as proteccións contra o vento ou as cubertas de neve quedan xeralmente destruídas. As árbores krummholz ben establecidas poden ter idades de varios centos ou miles de anos.[35]

Na zona subalpina poden atoparse pradarías. Un exemplo son os Tuolumne Meadows de Sierra Nevada de California.[36]

Exemplos de zonas subalpinas arredor do mundo son os Prealpes franceses en Europa, as zonas subalpinas de Sierra Nevada e as Montañas Rochosas en América do Norte, e os bosques subalpinos do leste do Himalaia, oeste do Himalaia e as montañas Hengduan de Asia.

Pradeiras e tundra alpinas

[editar | editar a fonte]
Flora alpina preto do Cascade Pass.

As pradeiras e tundras alpinas encóntranse por riba da liña de árbores, nun ambiente de intensa radiación, vento, frío, neve e xeo. Como consecuencia, a vexetación alpina vive preto do chan e consiste principalmente en herbas perennes, ciperáceas e herbas non-graminoides. As plantas anuais son raras neste ecosistema e normalmente son só de poucos centímetros de altura, con débiles sistemas radiculares.[37] Outras formas de vida vexetal comúns son os arbustos prostrados; graminoides que forman matas; e criptógamas, como as briófitas e os liques.[7]:280

As plantas adaptáronse ao duro ambiente alpino. As plantas en coxín, que parecen matas de musgos apertadas ao chan, escapan dos fortes ventos que sopran a poucos centrímetros por riba delas. Moitas plantas con flor da tundra alpina teñen pelos densos nos talos e follas para que lles proporcionen protección contra o vento ou pigmentos de cores vermellas que poden converter a luz do sol en calor. Algunhas plantas tardan dous anos ou máis en formaren casulos de flores, que sobreviven o inverno baixo a superficie e despois abren e producen flores e froitos con sementes nas poucas semanas que dura alí o verán.[38] Os liques agárranse ás rochas e solo. As células de algas que albergan poden fotosintetizar a temperaturas de só -10 °C,[39] e as súas capas fúnxicas externas poden absorber auga en cantidades superiores ao seu propio peso.[40]

Un bulleiro alpino nos Alpes suízos.

As adaptacións para a supervivencia ante os ventos desecantes e o frío pode facer que a vexetación da tundra pareza moi resistente, mais en moitos aspectos a tundra é moi fráxil. Pisalas repetidamente adoita destruír as plantas da tundra, deixando o solo exposto a ser arrastrado polo vento, e a súa recuperación poden levar centos de anos.[38]

As pradeiras alpinas fórmanse alí onde os sedimentos orixinados pola meteorización das rochas produciron solos o suficientemente ben desenvolvidos como para soportaren o crecemento de herbas e xuncos. As pradeiras alpinas son bastante comúns arredor do mundo e foron categorizadas como un bioma polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF). O bioma, chamado "matos e pradeiras de montaña", a miúdo evoluciona como unha "illa" virtual, separada doutras rexións montañosas por rexións de baixa altura máis cálidas, e son frecuentemente o fogar de moitas plantas distintivas e endémicas que evolucionaron en resposta ao frío, clima húmido e abundante luz solar.[Cómpre referencia]

Paisaxe alpina por debaixo do pico Malyovitsa, montañas Rila, Bulgaria.

Os matos e pradeiras de montaña máis extensas aparecen nos páramos neotropicais dos Andes. Este bioma tamén ocorre nas montañas do leste e centro de África, no Monte Kinabalu de Borneo, nas maiores alturas dos Ghats Occidentais do sur da India e nas terras altas centrais de Nova Guinea. Unha característica única de moitas rexións montañosas tropicais húmidas é a presenza de plantas en roseta xigantes de diversas familias de plantas, como as Lobelia (Afrotrópico), Puya (Neotrópico), Cyathea (Nova Guinea), e Argyroxiphium (Hawaii).[Cómpre referencia]

Onde as condicións son máis secas, poden encontrarse pradeiras de montaña, sabanas, e bosques, como os das Terras Altas de Etiopía, e estepas montañosas, como as estepas da meseta do Tíbet.[Cómpre referencia]

  1. Mayor, Jordan R.; Sanders, Nathan J.; Classen, Aimée T.; Bardgett, Richard D.; Clément, Jean-Christophe; Fajardo, Alex; Lavorel, Sandra; Sundqvist, Maja K.; Bahn, Michael; Chisholm, Chelsea; Cieraad, Ellen (febreiro de 2017). "Elevation alters ecosystem properties across temperate tree lines globally". Nature (en inglés) 542 (7639): 91–95. Bibcode:2017Natur.542...91M. PMID 28117440. doi:10.1038/nature21027. hdl:1874/394068. 
  2. Aparecido, Luiza Maria T.; Teodoro, Gazelle S.; Mosquera, Giovanny; Brum, Mauro; Barros, Fernanda de V.; Pompeu, Patricia Vieira; Rodas, Melissa; Lazo, Patricio; Müller, Caroline S.; Mulligan, Mark; Asbjornsen, Heidi (2018). "Ecohydrological drivers of Neotropical vegetation in montane ecosystems". Ecohydrology (en inglés) 11 (3): e1932. Bibcode:2018Ecohy..11E1932A. ISSN 1936-0592. doi:10.1002/eco.1932. 
  3. Goody, Richard M.; Walker, James C.G. (1972). "Atmospheric Temperatures" (PDF). Atmospheres. Prentice-Hall. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2016. 
  4. Blyth, S.; Groombridge, B.; Lysenko, I.; Miles, L.; Newton, A. (2002). "Mountain Watch" (PDF). UNEP World Conservation Monitoring Centre, Cambridge, UK. p. 15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Lugo, Ariel E.; Brown, Sandra L.; Dodson, Rusty; Smith, Tom S.; Shugart, Hank H. (1999). "The Holdridge Life Zones of the conterminous United States in relation to ecosystem mapping" (PDF). Journal of Biogeography 26 (5): 1025–1038. Bibcode:1999JBiog..26.1025L. doi:10.1046/j.1365-2699.1999.00329.x. 
  6. Testolin, Riccardo; Attorre, Fabio; Jiménez-Alfaro, Borja (2020). "Global distribution and bioclimatic characterization of alpine biomes". Ecography 43 (6): 779–788. Bibcode:2020Ecogr..43..779T. doi:10.1111/ecog.05012. hdl:11585/896830. 
  7. 7,0 7,1 Körner, Christian (2013). Alpine Plant Life: Functional Plant Ecology of High Mountain Ecosystems. Berlin: Springer. ISBN 9783642980183. 
  8. Stokstad, Erik (2020-07-30). "Many beloved garden flowers originated in this mountain hot spot—the oldest of its kind on Earth". Science | AAAS (en inglés). Consultado o 2020-08-01. 
  9. 9,0 9,1 Price, Larry W. (1986). Mountains and Man: A Study of Process and Environment. University of California Press. p. 271. ISBN 9780520058866. Consultado o 2012-03-09. 
  10. Rundel, P.W.; D. J. Parsons; D. T. Gordon (1977). "Montane and subalpine vegetation of the Sierra Nevada and Cascade Ranges". En Barbour, M.G.; Major, J. Terrestrial vegetation of California. Nova York, EUA: Wiley. pp. 559–599. 
  11. 11,0 11,1 Nagy, László; Grabherr, Georg (2009). The biology of alpine habitats. Oxford University Press. 
  12. Perry, David A. (1994). Forest Ecosystems. JHU Press. p. 49. ISBN 0-8018-4987-X. Consultado o 2012-03-09. 
  13. Albert, James S.; Reis, Roberto E. (2011). Historical Biogeography of Neotropical Freshwater Fishes. University of California Press. p. 311. ISBN 978-0-520-26868-5. Consultado o 2012-03-09. 
  14. Huntley, Brian (1993). "Species-Richness in North-Temperate Zone Forests". Journal of Biogeography 20 (2): 163–180. Bibcode:1993JBiog..20..163H. JSTOR 2845669. doi:10.2307/2845669. 
  15. "European-Mediterranean Montane Mixed Forests". World Wildlife Fund. Arquivado dende o orixinal o 2006-02-15. 
  16. Billings, WD (1990). "The Mountain Forests of North America and Their Environments". Plant Biology of the Basin and Range. Ecological Studies 80. Berlin, Heidelberg: Springer. pp. 47–86. ISBN 978-3-642-74801-1. doi:10.1007/978-3-642-74799-1_3. 
  17. Nagy, L; et al. (2023). "South American mountain ecosystems and global change – a case study for integrating theory and field observations for land surface modelling and ecosystem management". Plant Ecology & Diversity 16 (1–2): 1–27. Bibcode:2023PlEcD..16....1N. doi:10.1080/17550874.2023.2196966. 
  18. Dawson, John. Forest Vines to Snow Tussocks: The Story of New Zealand Plants. Wellington: Victoria University Press. 
  19. Lee, Se-Yeun; Ryan, Maureen E.; Hamlet, Alan F.; Palen, Wendy J.; Lawler, Joshua J.; Halabisky, Meghan (2015-09-02). "Projecting the Hydrologic Impacts of Climate Change on Montane Wetlands". PLOS ONE (en inglés) 10 (9): e0136385. Bibcode:2015PLoSO..1036385L. ISSN 1932-6203. PMC 4557981. PMID 26331850. doi:10.1371/journal.pone.0136385. 
  20. Kelly, Anne E; Goulden, Michael L (abril de 2016). "A montane Mediterranean climate supports year-round photosynthesis and high forest biomass". Tree Physiology 36 (4): 459–468. PMID 26764269. doi:10.1093/treephys/tpv131. 
  21. Tracey, J. G. (John Geoffrey) (1982). "The Vegetation of the Humid Tropical Region of North Queensland". pp. 34–38. 
  22. Mulligan, M. (2011). "Modeling the Tropics-Wide Extent and Distribution of Cloud Forest and Cloud Forest Loss, with Implications for Conservation Priority". En Bruijnzeel, L. A.; Scatena, F. N.; Hamilton, L. S. Tropical Montane Cloud Forests: Science for Conservation and Management. Cambridge University Press. pp. 15–38. ISBN 978-0-521-76035-5. Consultado o 2012-03-09. 
  23. Webb, Len (1 de outubro de 1959). "A Physiognomic Classification of Australian Rain Forests". Journal of Ecology (British Ecological Society : Journal of Ecology Vol. 47, No. 3, pp. 551–570) 47 (3): 551–570. Bibcode:1959JEcol..47..551W. JSTOR 2257290. doi:10.2307/2257290. 
  24. Clarke, C.M. (1997). Nepenthes of Borneo. Kota Kinabalu: Natural History Publications (Borneo). p. 29. 
  25. Bruijnzee, L.A.; Veneklaas, E. J. (1998). "Climatic Conditions and Tropical Montane Forest Productivity: The Fog Has Not Lifted Yet". Ecology 79 (1): 3. JSTOR 176859. doi:10.2307/176859. 
  26. Loope, Lloyd L.; Giambelluca, Thomas W. (1998). Markham, Adam, ed. Vulnerability of Island Tropical Montane Cloud Forests to Climate Change, with Special Reference to East Maui, Hawaii. Potential Impacts of Climate Change on Tropical Forest Ecosystems (en inglés) (Dordrecht: Springer Netherlands). pp. 363–377. ISBN 978-94-017-2730-3. doi:10.1007/978-94-017-2730-3_18. Consultado o 2021-02-20. 
  27. Sukumar, R.; Suresh, H. S.; Ramesh, R. (1995). "Climate Change and Its Impact on Tropical Montane Ecosystems in Southern India". Journal of Biogeography 22 (2/3): 533–536. Bibcode:1995JBiog..22..533S. ISSN 0305-0270. JSTOR 2845951. doi:10.2307/2845951. 
  28. Karmalkar, A. V.; Bradley, R. S.; Diaz, H. F. (2008). "Climate change scenario for Costa Rican montane forests". Geophysical Research Letters (en inglés) 35 (11): L11702. Bibcode:2008GeoRL..3511702K. ISSN 1944-8007. doi:10.1029/2008GL033940. 
  29. Foster, Pru (2001-10-01). "The potential negative impacts of global climate change on tropical montane cloud forests". Earth-Science Reviews (en inglés) 55 (1): 73–106. Bibcode:2001ESRv...55...73F. ISSN 0012-8252. doi:10.1016/S0012-8252(01)00056-3. 
  30. Blasco, F.; Whitmore, T.C.; Gers, C. (2000). "A framework for the worldwide comparison of tropical woody vegetation types" (PDF). Biological Conservation 95 (2): 175–189. Bibcode:2000BCons..95..175B. doi:10.1016/S0006-3207(00)00032-X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-03-23. Consultado o 2012-03-11.  p. 178.
  31. Grace, John; Berninger, Frank; Nagy, Laszlo (2002). "Impacts of Climate Change on the Tree Line". Annals of Botany 90 (4): 537–544. PMC 4240388. PMID 12324278. doi:10.1093/aob/mcf222.  fig. 1.
  32. "Pinus mugo". Gymnosperm Database. Consultado o 2024-02-05. 
  33. McKenzie, Neil (2004). Australian Soils and Landscapes. p. 98. 
  34. Gold, W. (2008-01-28). "BIS258 lecture notes" (PDF). University of Washington. Consultado o 2009-03-15. 
  35. "Subalpine ecosystem". Rocky Mountain National Park. U.S. National Park Service. 
  36. "Tuolumne Meadows and Tioga Road". Yosemite National Park. US National Park Service. Consultado o 2024-02-05. 
  37. Este artigo incorpora material en dominio público do Grassland Habitat Group (PDF). Bureau of Land Management. Arquivado do orixinal (PDF) o 24 de xullo de 2008.
  38. 38,0 38,1 Este artigo incorpora material en dominio público de "Alpine Tundra Ecosystem". Rocky Mountain National Park. National Park Service.
  39. Kappen, Ludger (1993). Plant Activity under Snow and Ice, with Particular Reference to Lichens. Circumpolar Ecosystems in Winter II. Arctic 46 (4). pp. 297–302. JSTOR 40511430. 
  40. Whitesel, Todd (2006). "Lichens: two lives in one" (PDF). Minnesota Conservation Volunteer. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]