Saltar ao contido

Bosque de coníferas temperado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución dos bosques de coníferas temperados.

Un bosque de coníferas temperado é un bioma terrestre definido polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF polas súas siglas en inglés). Os bosques de coníferas temperados atópanse predominantemente en áreas con veráns cálidos e invernos fríos, e varían en canto aos seus tipos de flora. Nalgúns, dominan as árbores perennes de follas aciculares, mentres que noutros predominan árbores perennes de folla ancha ou unha mestura de ambos os tipos de árbores.[1] Un tipo de hábitat distinto, o bosque de coníferas tropical, dáse en climas máis tropicais.

Os bosques de coníferas temperados son comúns en áreas costeiras de rexións que teñen invernos suaves e fortes precipitacións, ou en climas continentais máis secos ou en áreas de montaña. Nestes bosque viven moitas especies de árbores, como os piñeiros, cedros, abetos e sequoias. O sotobosque tamén contén unha ampla variedade de plantas herbáceas e arbustivas. Os bosques de coníferas temperados manteñen os maiores niveis de biomasa de calquera ecosistema terrestre e son notables polos enormes tamaños das árbores en rexións de bosque pluvial temperado.[1]

Estruturalmente, estes bosques son bastante simples, e xeralmente constan de dúas capas ou estratos: un dosel arbóreo e un sotobosque. Porén, algúns bosques poden conter un estrato de arbustos. Os bosques de piñeiros manteñen un estrato no chan de herbáceas que pode estar dominado polas graminoides e non graminoides, que poden favorecer incendios forestais ecoloxicamente importantes. A diferenza disto, as condicións húmidas atopadas nos bosques pluviais temperados favorecen a dominancia dos fentos e algunhas herbáceas non graminoides.[1]

Un bosque de piñeiros é un exemplo de bosque de coníferas temperado.

As comunidades forestais dominadas por árbores de gran tamaño (por exemplo, as sequoias Sequoiadendron gigantea e Sequoia sempervirens), que son fenómenos ecolóxicos pouco comúns, aparecen no oeste de América do Norte, suroeste de América do Sur e na rexión de Australasia en áreas como o sueste de Australia e norte de Nova Zelandia.[1]

A ecorrexión Klamath-Siskiyou do oeste de América do Norte alberga ensamblaxes de especies diversas e pouco comúns e presenta notables endemismos en taxons de plantas e animais.[1][2]

Ecorrexións

[editar | editar a fonte]
Bosque de coníferas de montaña nos Carpatos, Eslovaquia.
Bosque so sur de Múnic
Ecorrexións de bosques de coníferas temperados paleárticos
Bosque de coníferas e mixto dos Alpes Austria, Francia, Alemaña, Italia, Eslovenia, Suíza
Estepa boscosa e bosque de montaña de Altai China, Kazakhstán, Mongolia, Rusia
Bosque de coníferas caledoniano Reino Unido
Bosque de coníferas de montaña dos Cárpatos República Checa, Polonia, Romanía, Eslovaquia, Ucraína
Bosque de coníferas das montañas Hinggan–Dzhagdy China, Rusia
Bosque de coníferas de montaña do leste de Afganistán Afganistán, Paquistán
Estepa boscosa da cordillera de Elburz Irán
Bosque de coníferas de montaña de Helanshan China
Bosque de coníferas subalpino das montañas Hengduan China
Bosque de coníferas de montaña de Hokkaido Xapón
Bosque de coníferas alpino de Honshū Xapón
Bosque de coníferas das montañas Khangai Mongolia
Bosque de coníferas e mixto mediterráneo Alxeria, Marrocos, España, Tunisia
Bosque de coníferas subalpino do nordés do Himalaia China, India, Bután
Bosque de coníferas e caducifolio do norte de Anatolia Turquía
Bosque de coníferas e mixto alpino da garganta de Nujiang Langcang China
Bosque de coníferas das Montañas Qilian China
Bosque de coníferas de Qionglai–Minshan China
Bosque de coníferas de montaña de Sayan Mongolia, Rusia
Bosque de coníferas costeiro escandinavo Noruega
Bosque de coniferas de montaña de Tian Shan China, Kazakhstán, Kirguizistán


Cedrus deodara no bosque de coníferas subalpino do Himalais.
Bosque de coníferas subalpino do leste do Himalaia Bután, India, Nepal
Bosque de coníferas subalpino do oeste do Himalaia India, Nepal, Paquistán

América do Norte

[editar | editar a fonte]
Un ecosistema de bosque de coníferas temperado no Parque Provincial dos Petróglifos, Ontario, Canadá.
Bosque das montañas de Alberta Canadá
Bosque do pedemonte de Alberta-Columbia Británica Canadá
Bosque das montañas de Arizona Estados Unidos
Ermos de piñeiros da costa atlántica estados Unidos
Bosque das Montañas Azuis Estados Unidos
Bosque costeiro das terras continentais da Columbia Británica Canadá, Estados Unidos
Bosque de sotavento das montañas Cascadas Canadá, Estados Unidos
Bosque das Cascadas meridionais e centrais Estados Unidos
Bosque de montaña da Columbia Británica central Canadá
Bosque costeiro do Pacífico central Canadá, Estados Unidos
Bosque das Rochosas de Colorado estados Unidos
Bosque das Cascadas orientais Canadá, Estados Unidos
Complexo da Meseta e Cunca do Fraser Canadá
Mato da Florida Estados Unidos
Bosque de montaña da Gran Cunca Estados Unidos
Haida Gwaii Canadá
Bosque de Klamath-Siskiyou Estados Unidos
Bosque costeiro mesoatlántico estados Unidos
Bosque das Rochosas centroseptentrionais Canadá, Estados Unidos
Bosque costeiro do norte de California Estados Unidos
Bosque costeiro do Pacífico norte Canadá, Estados Unidos
Bosque alpino transicional do norte Canadá
Bosque seco de Okanagan Canadá, Estados Unidos
Bosque de Piney Woods Estados Unidos
Bosque das terras baixas de Puget Canadá, Estados Unidos
Bosque de piñeiros-carballos de Sierra Juárez e San Pedro Mártir México
Bosque de Sierra Nevada estados Unidos
Bosque das Rochosas centromeridionais estados Unidos
Bosque de coníferas do sueste Estados Unidos
Bosque de montaña de Wasatch e Uinta Estados Unidos
  1. 1 2 3 4 5 [CC BY-SA] World Wide Fund for Nature. "Temperate Coniferous Forest Ecoregions". Arquivado dende o orixinal o 2011-01-02.
  2. ↑ Kauffmann, Michael (2012). Conifer Country. Kneeland: Backcountry Press. ISBN 978-0-578-09416-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Waring, Richard H (2002). "Temperate coniferous forest" (PDF). Volume 2, The Earth system: biological and ecological dimensions of global environmental change. Chichester: John Wiley & Sons, Ltd. pp. 560–565. Consultado o 18 de abril de 2012. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]