Bosque de Białowieża

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBosque de Białowieża
Imaxe

Localización
Mapa
 52°43′54″N 23°52′04″L / 52.731572, 23.867764Coordenadas: 52°43′54″N 23°52′04″L / 52.731572, 23.867764
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodia da Podláquia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie161.000 ha Editar o valor em Wikidata
Altitude175 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1932 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
Membro de
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) Editar o valor em Wikidata
UNESCO World Heritage Site record modification (en) Traducir1992, 2014 Editar o valor em Wikidata
Identificador33ter
Reserva da biosfera  
Identificador<span%20class= "penicon">Editar%20o%20valor%20em%20Wikidata Fitxa

Páxina webbpn.com.pl Editar o valor em Wikidata

O bosque de Białowieża (en belaruso: Белавежская пушча, Biełaviežskaja pušča; en lituano: Baltvyžio giria; en polaco: Puszcza Białowieska) é unha reserva natural que se atopa nun dos últimos bosques virxes de Europa, o cal acolle un gran número de ungulados de gran tamaño, entre eles uns 800 exemplares do estraño e case extinto bisonte europeo.[1] Dende 1945, atópase dividido administrativamente entre Polonia (onde recibe o nome de Puszcza Białowieska ) e Belarús (onde se lle chama Белавежская пушча ou Белавежа -Belavézhskaya Pushcha ou Belavezha). Ambas as partes están separadas por un valado que impide por igual o libre movemento de grandes animais como de turistas. O bosque recibe o seu nome da localidade polaca de Białowieża, a máis achegada á súa localización. A cidade belarusa de Brest atópase a 70 quilómetros do bosque en dirección sur.

Mapa de localización do bosque.

Na parte belarusa do parque o bisonte non vaga en total liberdade, senón que se atopa nunha especie de zoo con zonas acoutadas onde tamén hai outros ungulados baixo vixilancia especial (entre eles, dúas híbridos de bisonte e vaca doméstica, de gran tamaño). Tamén conta cun museo, un restaurante, bares e hoteis construídos durante a época soviética. Para acceder ó parque debe obterse primeiro o permiso do Ministerio de Interior, polo que o número de turistas estranxeiros anuais (xa de seu escaso en Belarús) é bastante baixo. Nos últimos anos tratouse de promover o turismo familiar nacional mediante a construción nas proximidades da Casa de Ded Moroz ou "o avó dos fríos", a versión eslava de Santa Claus.

Na parte polaca, doutra banda, atópase o refuxio de caza persoal construído polos tsares de Rusia. Na actualidade foi reformado e acolle no seu interior un hotel, restaurante e aparcadoiros. Os turistas poden marchar polo parque a pé, en bicicleta ou en carruaxe de cabalos, sempre baixo a supervisión dun encargado. Estímase que cada ano visitan a parte polaca preto de 100.000 turistas, a pesar de que é considerablemente máis pequena que a belarusa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baczynska, Gabriela (28 de setembro de 2008). "Climate change clouds fate of ancient Polish woods". Reuters. Consultado o 28 de setembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]