A Marronda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bosque da Marronda")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°05′35″N 7°14′54″O / 43.0929176, -7.2483484

A Marronda
Fervenza da Acea da Serra na Marronda 31V2016 02.jpg
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, parte en Reserva da Biosfera
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.239 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Baleira, A Fonsagrada
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Marronda, ou fraga ou bosque da Marronda, é un zonas de bosque que está declarada zona especial de conservación (ZEC) e que se localiza no concello de Baleira e a Fonsagrada, Lugo, entre as entidades da Braña, Mendreiras, Martín e a estrada que une o Cádavo con Martín. As fragas da Marronda son bosques fundamentalmente autóctonos galegos cun alto estado de conservación.[1]

Hábitats[editar | editar a fonte]

Aséntase nas valgadas dos ríos Martín e o seu afluente, o Souto.

Flora[editar | editar a fonte]

Bosque de castiros
Gabeador azul

Castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), amieiros (Alnus glutinosa), bidueiros (Betula alba), abeleiras (Corylus avellana), freixo de río (Fraxinus excelsior), salgueiros, pradairos (Acer pseudoplantanus), acevros (Ilex aquifolium), capudres, amarelles (Narcissus cyclamineus), uceiras, carbas, espiños, cerquiños (Quercus pyrenaica), arandos xunto cun bo número de especies arbustivas, na que tamén podemos atopar poboacións de faias (Fagus sylvatica) nalgunhas zonas especialmente umbras no que constitúe unha parte do límite suroccidental da faia en Europa, converténdose por tanto nunha das máis importantes reservas de faias en Europa suroccidental.

Fauna[editar | editar a fonte]

Xabarín, corzo, raposo, lobo, xineta, donicela, garduña, esquío, rato de almiscre (Galemys pyrenaicus), gato bravo, numerosas especies de pequenos réptiles e anfibios, aves coma o azor (Accipiter gentilis), gabeador azul (Sitta europaea), rubideiro (Certhia brachydactyla), paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula), gabián (Accipiter nisus), lontra (Lutra lutra), miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia caudal, falcón peregrino, e unha longa lista de pequenas aves insectívoras e granívoras, réptiles coma a saramaganta (Chioglossa lusitanica), o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) e invertebrados coma a vacaloura (Lucanus cervus), o caracol Elona quimperiana e a lesma Geomalacus maculosus.

Carballo a beira do camiño

Demografía[editar | editar a fonte]

As aldeas lindantes están pouco poboadas. Son interese pola tipoloxía arquitectónica de adaptación ao medio montañoso. Os hórreos cadrados ou circulares con teitos de palloza.

Acceso á Marronda[editar | editar a fonte]

O acceso a esta fraga pódese realizar pola “Ruta da Marronda” na “Variante da Marronda” GR-1.9. Outra forma de observar este bosque é dende a estrada local LU-750: aquí a fraga precipítase en vertical sobre a estrada que transcorre ó longo do río Martín, nun val encaixado e estreito. A mellor forma de achegarse son as estradas locais dende A Braña e Muíña na LU-750 Meira-Baralla.

O camiño parte de Fonteo e desenvólvese entre castiñeiros e carballos por toda a Serra do Pozo, no concello de Baleira. Cómpre salientar a mesta fraga da Marronda, na derradeira etapa do camiño.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "A Marronda".