Borja Fernández Fernández (1995)
Borja Fernández | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Borja Fernández Fernández | ||
Nacemento | 16 de agosto de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 1.77 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2017 | Celta de Vigo B | 106 | (8) |
2014–2018 | Celta de Vigo | 10 | (0) |
2017–2018 | → Reus Deportiu (cedido) | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Borja Fernández.
Borja Fernández Fernández, nado en Vigo o 16 de agosto de 1995, é un futbolista galego que xoga na demarcación de mediocentro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar a fútbol no Val Miñor de onde pasou as categorías inferiores do Celta de Vigo moi novo. Pasou por tódalas categorías inferiores do club ata que debutou co Celta de Vigo B na tempada 2013/14. Debutou co primeiro equipo nun partido amigábel ante o CD Lugo no Estadio de Balaídos en outubro de 2012.
É un habitual na Selección española Sub-19[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Rubén, Borja Fernández y Santi Mina convocados para los entrenamientos oficiales de la sub-19" Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo en Noticias Celta (en castelán).