Boris Chertok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Boris Chertok
Черток Борис Евсеевич.jpg
Nacemento29 de febreiro de 1912
 Lodz - Łódź
Falecemento14 de decembro de 2011
 Moscova
Causapneumonía
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética, Imperio Ruso e Rusia
EtniaPobo xudeu
Alma máterMoscow Power Engineering Institute
Ocupaciónenxeñeiro aeroespacial, enxeñeiro, catedrático de universidade e escritor de non ficción
PremiosPremio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Medalha "Pela vitória sobre a Alemanha na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Heroe do Traballo Socialista, Ordem da Revolução de Outubro, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Estrela Vermella, Medal "For the Defence of Moscow", Medal "Veteran of Labour", Medalha do Jubileu "60 Anos de Vitória na Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Premio Lenin, Medalha Simon Ramo IEEE e Korolev Gold Medal
editar datos en Wikidata ]

Boris Ievseievich Chertok, nado o 1 de marzo de 1912 en Lodz (Unión Soviética) e finado o 14 de decembro de 2011, foi un enxeñeiro participante no programa espacial soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chertok naceu en 1912 en Lodz, fillo dun contable. A súa familia tivo que migrar a Moscova antes de que Boris cumprira os dous anos. Comezou a súa carreira aos 17 anos como electricista. A pesar da súa falta de formación comezou a traballar nunha fábrica de aviónica en 1930, recoñecéndoselle talento para elo e comezando a súa formación universitaria paralelamente ao seu traballo. En 1935 xa era xefe dunha oficina de deseño, xogando un importante papel no desenvolvemento da electrónica usada nas expedicións polares soviéticas. Graduouse en 1940 e comezou a traballar en sistemas de control e guiado na oficina de V. F. Bolkhovitinov.

En abril de 1945 foi asignado ao grupo que analizaría a tecnoloxía alemá de foguetes despois da Segunda Guerra Mundial. Traballou en Alemaña ata xaneiro de 1947, entrando en contacto con Korolev por primeira vez. Chertok foi asignado á instituto NII-88 de Korolev en agosto de 1946, pasando a ser xefe delegado de sistemas de control e guiado de foguetes e naves espaciais. Traballou nos sistemas de control do primeiro mísil balístico intercontinental, o R-7, e das primeiras naves tripuladas, Vostok, Voskhod e Soyuz. Foi o responsable do sistema KORD de control dos motores do foguete N-1 e máis tarde, ata a súa xubilación en 1992, foi deseñador xefe adxunto na empresa estatal Energia. Faleceu o 14 de decembro de 2011.

Notas[editar | editar a fonte]