Bordóns, Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bordóns»)
Bordóns
Igrexa parroquial.
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°24′25″N 8°47′07″O / 42.40694444, -8.78527778Coordenadas: 42°24′25″N 8°47′07″O / 42.40694444, -8.78527778
Área2,5 km²
Poboación602 hab. (2016)
Densidade240,8 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Bordóns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 602 habitantes (295 mulleres e 307 homes), o que supón un descenso respecto á poboación do ano 2009, cando tiña 619 habitantes, para alcanzar a que tiña en 2007, cando eran 601 veciños. A poboación distribúese en 8 entidades.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie da parroquia é de tan só 2,5 km2, o que a converte na segunda máis pequena do concello após a parroquia de Arra.

Limita ó norte co concello de Meaño, ó sur coa ría de Pontevedra, ó leste coa parroquia de Dorrón e ó oeste coa de Padriñán.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial, localizada no lugar da Lamela, conta cunha soa nave rectangular, dividida en tres tramos. O primeiro está composto por tres arcos de medio punto, que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior. Os outros dous tramos son de planta rectangular e de maior anchura.

No exterior destaca a fachada principal, cunha espadana de dúas campás e varios pináculos de ornamentación, que se repiten en tódalas esquinas do templo.

No contorno da igrexa destaca a entrada do camposanto, na que se conservan dous linteis dun baldaquino. Un deles representa o enterro de Cristo, que aparece tendido sobre o arco axudado por dous santos no extremo do sudario mentres San Xoán lle colle a man esquerda. Detrás aparece a Virxe chorando.

No outro frontal aparece San Sebastián asaeteado por dous saións[2] sobre fondo de seis frechas en forma de auréola.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bordóns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bordóns no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Areas | Carballal | Chan de Vila | A Lamela | Nanín | O Outeiro | A Regata | Sear

Parroquias de Sanxenxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • FILGUEIRA VALVERDE, Xosé; RAMÓN E FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: Baldaquinos gallegos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1987.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]