Saltar ao contido

Bora Chung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBora Chung

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Seúl, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yonsei
Universidade Yale
Universidade de Indiana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, tradutora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Yonsei Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6523659

Bora Chung (en coreano: 정 보라, Chung Bora), nada en Seúl en 1976, é unha escritora e tradutora surcoreana. A súa escolma de relatos Jeoju tokki 저주 토끼 ("O coello maldito", 2019) foi finalista do International Booker Prize de 2022.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bora Chung naceu en Seúl en 1976,[1] filla dunha parella de dentistas.[2] Fixo un mestrado en Estudos Rusos e de Europa do Leste na Universidade Yale, para logo doutorarse en Literatura Eslava na Universidade de Indiana Bloomington.[1][3] Ensinou Ciencia Ficción e Lingua e Literatura Rusas na Universidade Yonsei.[1][4] É unha activista social.[4]

Chung escribiu tres novelas e tres coleccións de relatos curtos.[1][4] Entre as súas influencias literarias, destacan Park Wan-suh, Bruno Schulz, Bruno Jasieński, Andrei Platonov e Lyudmila Petrushevskaya,[2] así como os contos populares do Samguk yusa (1281).[4] En 1998, gañou o premio literario Yonsei pola súa historia Meori 머리 ("A cabeza").[5] Tamén quedou finalista dos premios de Literatura Dixital (2008) e dos premios Gwacheon de Ciencia Ficción (2014).[5]

En 2022, a tradución inglesa da súa escolma Jeoju tokki, realizada por Anton Hur, foi nomeada ao International Booker Prize.[2] Os dez relatos toman elementos de diferentes xéneros, entre os que destacan o realismo máxico, o terror e mais a ciencia ficción.[1][4] En setembro de 2023, o libro foi finalista do National Book Award for Translated Literature.[6]

Chung traballou tamén como tradutora de prosa contemporánea rusa e polaca ao coreano.[1][3]

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Bora Chung - The Booker Prizes". thebookerprizes.com (en inglés). Consultado o 2024-12-05. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Discover the shortlist: Bora Chung, ‘This is the nicest dream I ever had'". thebookerprizes.com (en inglés). Consultado o 05-10-2024. 
  3. 3,0 3,1 Hur 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Hong 2022.
  5. 5,0 5,1 "Bora Chung". Smoking Tigers (en inglés). 2019-03-18. Consultado o 2024-12-05. 
  6. The New Yorker 2023.
  7. "Conejo maldito". www.alphadecay.org (en inglés). Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]