Boops boops
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boga.
| Boops boops | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
Boops boops (Linnaeus, 1758), comunmente boga,[1] é un peixe mariño da familia dos Espáridos.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]A boga é un peixe de corpo fusiforme e alargado, semellante ao dos clupeidos. O tamaño habitual é de 15–20 cm, aínda que os machos poden chegar alcanzar os 36 cm de lonxitude total.[2] Ten catro listas lonxitudinais laterais amarelas que percorren o seu corpo. O número de escamas da liña lateral varía entre 60 e 80.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Vive en todo tipo de substratos (area, barro, rocas ou herbeiras) ata os 250 metros de profundidade malia que é máis abundante nos primeiros 100 metros. Atópase nas costas do Atlántico oriental (desde Noruega ata Angola, incluíndo as Illas Canarias, Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe), o mar Mediterráneo e o Mar Negro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boga.
- ↑ FishBase (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boops boops |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Boops boops |
