Bonxe, Outeiro de Rei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bonxe»)
Bonxe
Igrexa de San Mamede de Bonxe.
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°06′15″N 7°35′14″O / 43.1042471, -7.5871852Coordenadas: 43°06′15″N 7°35′14″O / 43.1042471, -7.5871852
Poboación243 hab. (2020)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Bonxe é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 448 habitantes, deles 314 eran homes e 134 eran mulleres, o que supón un incremento de 182 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia está bañada polo arroio dos Tollos e o punto máis alto sitúase no Cordal de Penelas (566 m). Pola parroquia pasa o regato do Cepelo, que nace e morre en Outeiro de Rei e é símbolo de humildade na poesía de Manuel María. Está atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña - Palencia.

Na parroquia sitúase o centro penitenciario de Bonxe.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A parroquia é coñecida pola súa cerámica, a olería de Bonxe, fabricada de xeito tradicional. Aparece mencionada no poema "Barro" de Manuel María, incluído na obra Terra Cha (1954).

Festas[editar | editar a fonte]

  • Virxe do Rosario, a finais de setembro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bonxe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bonxe no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Bouzas | Caxigal | Eirexe | O Granxo | As Lombas | Restriz | A Subida | Veiga | Vigo

Parroquias de Outeiro de Rei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]