Bonnie e Clyde (filme)
| Bonnie e Clyde | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Bonnie e Clyde (en inglés: Bonnie and Clyde) é un filme estadounidense de 1967 dirixido por Arthur Penn. Está protagonizado por Warren Beatty e Faye Dunaway que intepretan os papeis de Clyde Barrow e Bonnie Parker. O filme tamén conta coas interpretacións de Michael J. Pollard, Gene Hackman e Estelle Parsons, xunto con Denver Pyle, Dub Taylor, Gene Wilder (no seu primeiro papel), Evans Evans e Mabel Cavitt. O guión foi escrito por David Newman e Robert Benton. A banda sonora orixinal foi composta por Charles Strouse.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Clyde Barrow (Warren Beatty), un atracador de bancos e negocios pequenos, saíu da prisión. En plena Gran Depresión dos anos 30 volve asaltar bancos. Coñece a Bonnie Parker (Faye Dunaway), unha rapaza de aldea que se sente aburrida e decide acompañalo.
Mentres se desenvolven os sentimentos, protagonizan xuntos unha serie de atracos e crimes cada vez máis brutais, deixando nas súas fuxidas unha estela de violencia e sangue.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Warren Beatty como Clyde Barrow
- Faye Dunaway como Bonnie Parker
- Michael J. Pollard como C.W. Moss
- Gene Hackman como Buck Barrow
- Estelle Parsons como Blanche Barrow
- Denver Pyle como Frank Hamer
- Dub Taylor como Ivan Moss
- Gene Wilder como Eugene Grizzard
- Evans Evans como Velma Davis
- Mabel Cavitt nai de Bonnie (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonnie e Clyde |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Friedman, Lester D. (2000). Arthur Penn's Bonnie and Clyde. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 0-521-59697-1.
- Desilet, Gregory (2005). "Modern 'Noir' Melodrama: Bonnie and Clyde". Our Faith in Evil: Melodrama and the Effects of Entertainment Violence. McFarland. pp. 288–298. ISBN 078642348X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bonnie e Clyde na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)