Bonita Granville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bonita Granville
Studio publicity Bonita Granville.jpg
Nacemento2 de febreiro de 1923
 Chicago
Falecemento11 de outubro de 1988
 Santa Monica
Causacancro e cancro de pulmón
SoterradaHoly Cross Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHollywood Professional School
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, produtora e produtora de televisión
CónxuxeJack Wrather
PremiosDisney Legends e star on Hollywood Walk of Fame
editar datos en Wikidata ]

Bonita Gloria Granville Wrather, nada en Nova York o 2 de febreiro de 1923 e finada en Santa Monica o 11 de outubro 1988, foi unha actriz e produtora estadounidense. Foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria en 1936, pola súa interpretación en These Three.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Granville naceu o 2 de febreiro de 1923, en Nova York, filla de Rosina Timponi (1892-1984[1]) e Bernard "Bunny" Granville, ambos artistas.[2][3] Granville comezou a súa carreira como actriz infantil de teatro aos tres anos.[4][5]

Debutou no cinema aos 9 anos en Westward Passage (1933), e o mesmo ano como bailarina no filme de Fanny Bridges, Cavalcade, que gañou o Óscar ao mellor filme. Os anos seguintes, traballou como figurante, sen acreditar, en varios filmes. Interpretou a Mary Tilford, na adaptación ao cinema da obra de Lillian Hellman, The Children's Hour, en 1934. Renomeada These Three, conta a historia de tres adultos (interpretados por Miriam Hopkins, Merle Oberon, e Joel McCrea) que ven as súas vidas case destruídas a causa dunha nena maligna, en busca de atención. Granville interpretaba esa nena efoi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria, naquel momento a persoa máis nova que optou ao premio.

A pesar do éxito e de continuar a traballar, non tivo moitas oportunidades nos anos seguintes.[6]

En 1938, interpretou unha filla atrevida, no filme Merrily We Live e unha nena detective en Nancy Drew... Detective. O filme fixo tanto éxito, que Granville interpretou a personaxe de Nancy Drew outras tres veces, nas secuelas estreadas en 1938 e 1939.

Xa adulta, foi chamada unha vez máis para traballos secundarios, como no prestixioso filme de 1942, Now, Voyager, así como nas longametraxes Andy Hardy's Blonde Trouble (1944) e Love Laughs at Andy Hardy (1946).[7] Tamén protagonizou o filme de 1943 Hitler's Children, un filme antinazi, en plena segunda guerra mundial.

O 5 de febreiro de 1947, Granville casou con Jack Wrather, que produciu algún dos seus filmes, no Bel-Air Hotel.[8] Granville traballou como produtora en varios filmes para a televisión, incluído o filme de 1954 Lassie. Tamén actuou en The Legend of the Lone Ranger (1981), o seu último filme.[9]

Túmulo de Bonita Granville ao lado do seu marido Jack Wrather

Granville morreu o 11 de outubro de 1988, debido a un cancro de pulmón, en Santa Monica, aos 65 anos.[2] Está enterrada no Holy Cross Cemetery, en Culver City, California.[10]

Legado[editar | editar a fonte]

Granville ten unha estrela no Paseo da Fama, en Hollywood Boulevard, 6607, polas súas contribucións á industria cinematográfica.

Foi tamén a protagonista do libro Bonita Granville and the Mystery of Star Island, escrito por Kathryn Heisenfelt publicado en 1942. O libro tiña un público adolescente e evocaba as aventuras da pequena detective Nancy Drew, sendo parte dunha serie coñecida como "Whitman Authorized Editions", de 16 libros publicados entre 1941 e 1947.[11]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Granville marriage record" (en inglés). Consultado o 8-3-2015. 
  2. 2,0 2,1 Flint, Peter B. (12 de outubro de 1988). "Bonita G. Wrather, 65, an Actress and Executive". New York Times. Consultado o 2015-01-30. Bonita Granville Wrather, a child film star of the 1930's and a longtime executive in the Wrather Corporation, a complex of oil, entertainment and real estate businesses founded by her husband, Jack Wrather, died of cancer yesterday at St. John's Hospital in Santa Monica, Calif. She was 65 years old and had homes in Holmby Hills, Calif., and London. ... 
  3. "Granville, Actor, Dies In Hollywood. Film Comedian Well Known on New York Stage for Many Years. Victim of Pneumonia. Discovered By Ziegfeld. Long Career Included Roles in Minstrel Shows, Circuses and Outstanding Plays". New York Times. 7 de outubro de 1936. Consultado o 2015-01-27. 
  4. Folkart, Burt A. (12 de outubro de 1988). "Bonita Granville Wrather Dies of Cancer". Los Angeles Times. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  5. Flint, Peter B. (12 de outubro de 1988). "Bonita G. Wrather, 65, an Actress and Executive". The New York Times. Consultado o 18 de xullo de 2020. 
  6. "Remembering Bonita Granville – Biography". Consultado o 2012-07-12. 
  7. "Andy's Girls". Consultado o 2012-07-12. 
  8. "Bonita Granville Becomes Bride". New York Times. 5 de fevereiro de 1947. Consultado o 2015-01-30. Bonita Granville, motion-picture actress, was married here today to Jack D. Wrather, Jr. of Dallas, Texas, oilman and film producer. The wedding was at the Bel-Air Hotel. ... 
  9. "Bonita Granville – Biography – Movies & TV – NYTimes.com". 1923-02-02. Consultado o 2012-07-12. 
  10. Bonita Granville en Find a Grave (en inglés)
  11. Whitman Authorized Editions for Girls

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alistair, Rupert (2018). "Bonita Granville". The Name Below the Title : 65 Classic Movie Character Actors from Hollywood's Golden Age (softcover) (First ed.). Gran Bretaña: Independently published. pp. 104–106. ISBN 978-1-7200-3837-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]