Bonedd Gwŷr y Gogledd
Bonedd Gwŷr y Gogledd (en galego A descendencia dos homes do Norte) é un breve tratado en galés medio que intenta establecer as liñaxes de vinte gobernantes do século VI no Hen Ogledd ("Vello Norte"), a parte britónico-falante da Escocia meridional e da Inglaterra setentrional. Está testemuñado nunha serie de manuscritos, sendo o máis vello NLW, Peniarth MS 45, que se data a finais do século XIII. O texto puido ser composto no século XII.[1] a historicidade de moita da información é espuria ou dubidosa. Malia certas partes estaren en acordo coas máis antigas xenealoxías Harleian, o texto representa unha revisión substancial que buscou integrar as pólas de moitos líderes e heroes que eran relevantes noutras tradicións, como as do príncipe de Rheged Llywarch Hen.[2]
Contidos[editar | editar a fonte]
O texto consiste basicamente en dúas seccións, cada unha das cales pretende trazar as liñaxes de líderes do século VI a un devanceiro común. A primeira sección está dedicada aos descendentes de Coel Hen, incluíndo as casas de Rheged e Din Eidyn. A segunda toma a Dyfnwal Hen como a súa figura fundacional, que aquí se identifica como neto do emperador romano Macsen Wledig. Aparece unha confusa xenealoxía de Áedán mac Gabráin, gobernante do reino gaélico de Dál Riata, malia que aquí (como noutras fontes galesas medievais) Áedán aparece como pai, mellor que fillo, de Gabrán mac Domangairt.[3]
Entre ambas xenealoxías principais, o tratado inclúe tamén unha tríade galesa, referida aos tres obxectos de armería e armaduras que nunca fallaron en combate: as trescentas espadas dos Cynferching (descendentes de Cynfarch), os trescentos escudos dos Cynwydion (descendentes de Cynwyd) e as trescentas lanzas dos descendentes de Coel. O texto conclúe cunha liña final sobre a familia de Huallu, fillo de Tudfwlch Cor(n)eu (príncipe de Cornwall) e Dywanw, filla de Amlawd Wledic.
Coel Hen[editar | editar a fonte]
Coel | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ceneu | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gorwst Letlwm | Mar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Meirchiawn | Arthwys | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cynfarch | Elidyr Lydanwyn | Cynfelyn | Pabo "Piar de Britania" | Eliffer | Ceidyn | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Urien (§ 1) Rheged | Llywarch Hen (§ 2) Rheged | Cynnwyd | Dunawd (§ 4) | Cerwyd (§ 4) | Sawyl (§ 4) | Gwrgi (§ 5) | Peredur (§ 5) | Gwendoleu (§ 6) | Nudd (§ 6) | Cof (§ 6) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Clydno Eidyn (§ 3) Din Eidyn | Cynan Genhir (§ 3) | Cynfelyn Drwsgl (§ 3) | Cynfawr Hadgadduc (§ 3) | Cadrawd Calchfynydd (§ 3) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dyfnwal Hen de Alt Clut[editar | editar a fonte]
Macsen Wledig | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Idnyued | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dyfnwal Hen | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Kedic | Garmonyawn | Aedan Uradawc | Gorwst Priodawr | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tudwal Tudelyd | Serfan | Cawrdaf | Gabhran (§ 11) | Elidyr Mwynfawr (§ 12) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rhydderch Hael (§ 8) | Mordaf (§ 9) | Gwyddno | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Elffin (§ 10) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Koch, John T. "Cynwydion." In Celtic Culture. A Historical Encyclopedia, ed. John T. Koch. 5 vols. Santa Barbara et al., 2006. pp. 541–2.
- Bromwich, Rachel (ed.). Troedd Ynys Prydein. The Triads of the Island of Britain. Cardiff: University of Wales Press, 1978; revised ed. 1991. pp. 238–9 (Appendix II)
- Matthews, Keith (ed.). Bonedd Gwyr y Gogledd. 2000. edición dixital.
- Jackson, Kenneth H. Language and History in Early Britain. Edinburgh University Press, 1953.
- Bartrum, Peter C. Early Welsh genealogical tracts. Cardiff, 1966.
- Rachel Bromwich & R. Brinley Jones (eds.), Astudiaethau ar yr Hengerdd. Cardiff, 1978.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A descendencia dos Homes do Norte, Mary Jones.