Bondage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bondage.

Bondage é unha denominación aplicada ao acto de atar un individuo con fins eróticos, estea este vestido ou non.

Características[editar | editar a fonte]

Os atamentos poden facerse sobre unha parte ou sobre a totalidade do corpo, utilizando xeralmente cordas especiais que poden atoparse en calquera sex-shop, pero tamén, con certa frecuencia, cadeas (aínda que isto estaría máis próximo do BDSM), e, máis en xeral, calquera outra cousa que poida servir para inmobilizar a unha persoa. Con certa frecuencia, á persoa aplícaselle unha mordaza.

O bondage pode usarse como práctica estético-erótica, como parte dunha relación BDSM, como unha variante erótica máis ou como elemento en cerimonias de dominación ou de sadomasoquismo. Aínda que existen desacordos (especialmente cando só se usan cordas), adoita considerarse como formando parte da chamada cultura BDSM.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]