Bonaventura Gran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beato Bonaventura Gran
Altar Beat Bonaventura - Riudoms 2.jpg
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1620 en Riudoms
Pasamento11 de setembro de 1684 en Roma
Proceso de canonización
Beatificación1906, Roma por Pío X
Veneración
Venerado/a enRiudoms
Festividade24 de novembro

Miquel Baptista Gran Peris, tamén coñecido como Beato Bonaventura Gran ou frei Bonaventura de Barcelona, nado en Riudoms o 24 de novembro de 1620 e finado en Roma o 11 de setembro de 1684, foi un frade franciscano catalán, fundador da Riformella (1662), proclamado beato pola Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1620 nunha modesta casa da rúa Butxaca de Riudoms que hoxe leva o seu nome. Casou aos 18 anos por expreso desexo do seu pai pero quedou viúvo aos poucos meses. Tras a morte da súa esposa, ingresou no convento de franciscanos de Escornalbou e procesou como relixioso o 14 de xullo de 1641, cambiando o seu nome polo de Bonaventura. Os anos seguintes foi destinado en Móra d'Ebre, Figueres, la Bisbal d'Empordà e Terrasa.

En 1658 foi enviado a Roma onde fundou o Santo Retiro, catro conventos entre os que se atopa o de Sant Bonaventura no monte Palatino. Foi conselleiro de catro Papas: Alexandre VII, Clemente IX, Clemente X e Inocencio XI. En 1662 fundou en Roma a Riformella, un movemento de reforma dentro da Orde dos Irmáns Menores Reformados da Estrita Observancia, para que os frades e sacerdotes franciscanos que se dedicaban ao apostolado popular puidesen recollerse en casas de recollemento e retiro espiritual, vivindo así o espírito fundacional da orde franciscana.

En 1679, a petición dos xurados riudomenses, enviou desde Roma as reliquias de San Bonifacio, San Julián e San Vicente. Desde entón, o segundo domingo de maio celébrase en Riudoms a festa das Santas Reliquias.

Morreu en Roma en 1684.

Veneración[editar | editar a fonte]

En 1775 foi declarado venerable e en 1906 foi beatificado polo Papa Pío X, despois de que se desen por probadas dúas curacións consideradas milagrosas. Unha delas produciuse en 1790 cando unha muller, que estaba en estado moi grave tras unha caída de cabalo, curouse ao ser tocada pola reliquia do beato. A outra curación ocorreu en 1818 cando outra muller, que quedara inconsciente durante tres días despois dun parto, recuperouse ao ser tocada por unhas reliquias do venerable.

En Riudoms consérvanse os seus restos mortais desde 1972, cando foron trasladados desde Roma. Actualmente atópanse na capela do Santísimo da igrexa de San Jaime. En Riudoms existe unha gran devoción polo beato e celébrase unha festa en honra súa cada 24 de novembro, na que se sacan os seus restos en procesión polo pobo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]