Saltar ao contido

Bonaventura Cavalieri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBonaventura Cavalieri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Francesco Cavalieri Editar o valor en Wikidata
1598 Editar o valor en Wikidata
Milán (Casa dos Austria) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1647 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Boloña (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ55103619 Traducir 44°29′59″N 11°21′00″L / 44.4996011, 11.35008 Editar o valor en Wikidata
Prior Q55103619 Traducir
1629 – 1647 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pisa (–1619) Editar o valor en Wikidata
Director de teseBenedetto Castelli Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, física e astroloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, relixioso cristián, astrónomo, teólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña (1629–1646) Editar o valor en Wikidata
AlumnosStjepan Gradić (en) Traducir e Stefano degli Angeli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Orde relixiosaJesuati (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPietro Mengoli Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кавальери Бонавентура)
Biblioteca dixital BEIC
Enciclopedia Católica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Cavalieri-47
Monumento a Cavalieri por Giovanni Antonio Labus, Palacio de Brera, Milán, 1844

Bonaventura Francesco Cavalieri nado en Milán en 1598 e finado en Boloña o 30 de novembro de 1647 foi un matemático italiano pertencente á orde dos Xesuatos, considerado un dos precursores do cálculo infinitesimal moderno.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi alumno de Galileo Galilei, e ensinou matemáticas en Boloña (1629). O seu interese polas matemáticas foi estimulado polos traballos de Euclides e tras coñecer a Galileo, considerouse como un discípulo deste astrónomo.

En Pisa, Cavalieri foi educado en matemáticas por Benedetto Castelli, un profesor de matemáticas na universidade desa cidade. En 1629 Cavalieri foi nomeado profesor de matemáticas en Boloña.

Foi o primeiro en introducir en Italia o cálculo logarítmico, pero debe a súa celebridade á súa teoría dos "indivisibles", que expuxo en Geometria indivisibilibus continuorum quadam nova ratione promota (1635). Esta teoría estuda as magnitudes xeométricas como compostas dun número infinito de elementos, ou indivisibles, que son os últimos termos da descomposición que se pode facer. A medida das lonxitudes, das superficies e dos volumes convértese na suma da infinidade de indivisibles: é o principio do cálculo dunha integral definida, aínda que sen a noción rigorosa moderna de paso ao límite. Por isto pode ser considerado como un dos precursores da análise infinitesimal moderna. O principio de Cavalieri fundaméntase nesta teoría.

Así mesmo figurou entre os primeiros que ensinaron a teoría copernicana dos planetas. Outros traballos seus dignos de renome son o desenvolvemento dado á trigonometría esférica, así como o descubrimento das fórmulas relativas aos focos dos espellos e das lentes.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Segundo Gilles-Gaston Granger, Cavalieri, xunto con Newton, Leibniz, Pascal, Wallis e MacLaurin é unha das personaxes que nos séculos XVII e XVIII "redefiniron os obxectos matemáticos".[2]

O cráter lunar Cavalerius leva este nome na súa honra.

  1. Alexander, Amir (2014). Infinitesimal: How a Dangerous Mathematical Theory Shaped the Modern World (en inglés). Scientific American / Farrar, Straus and Giroux. ISBN 978-0374176815. 
  2. Gilles-Gaston Granger, Formes, opérations, objets, Vrin, 1994, p. 365 Cita en liña (en francés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]