Bombay Rose é un filme indio de 2019 escrito, editado, deseñado e dirixido por Gitanjali Rao.[1] O filme tivo a súa estrea mundial na Semana Internacional da Crítica no Festival Internacional de Cinema de Venecia.[2] Proxectouse na sección Contemporary World Cinema do Festival Internacional de Cine de Toronto de 2019.[3] O filme conta a historia dunha vendedora de flores que se namoraa. Realizouse mediante animación pintada fotograma a fotograma en ordenador e levou 18 meses con 60 artistas.[4][5] O filme tiña previsto o seu lanzamento en Netflix para o 4 de decembro de 2020, mais finalmente estreouse na plataforma o 8 de marzo de 2021.[6][7][8]
A directora do filme, Gitanjali Rao, dixo que se inspirou na vida dos "habitantes da rúa en Bombai", onde hai "unha loita diaria pola supervivencia, impregnada de privacións" con persoas sen teito e falta de recursos básicos e dereitos humanos, "polo que a xente escapa aos cinemas para esquecer a realidade. Pero cando as mesmas fantasías de Bollywood comezan a influír e substituír a realidade, o equilibrio pérdese. Bombay Rose baséase nisto, na loita dos soños e da realidade". Ela dixo que a industria de Bollywood contemporánea "non me inspira de ningún xeito", senón que a súa inspiración vén de "fimes independentes feitos na India e no mundo, filmes indios rexionais, filmes hindis anteriores á era de Bollywood e cinema mundial".[5]
A película foi realizada mediante animación pintada fotograma a fotograma en ordenador e levou 18 meses con 60 artistas.[4][5]