Bomba de ariete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Bomba de ariete é un artiluxo mecánico empregado para elevar fluídos empregando a enerxía cinética do propio fluído e o principio físico do golpe de ariete. A bomba non necesita enerxía externa e funciona de xeito continuo. As súas orixes están no século XVIII.

Compoñentes básicos da bomba:
1. Admisión – tubaría de alimentación
2. Fluxo libre e válvula de escape
3. Saída – columna de fluído
4. Válvula de traballo
5. Válvula anti retroceso
6. Campá de presión

Funcionamento[editar | editar a fonte]

O líquido, xeralmente auga, flúe por un conduto ou tubaría metálica ata unha válvula que pecha o paso creando unha onda de choque que se transmite polo propio fluído ata unha válvula antiretorno que enche con líquido unha campá na que existe aire. Este aire contráese pola presión do fluído. A válvula antiretorno evita que o fluído saia desta campá. O aire ao expandirse só ten como saída cara a unha tubaría que permite elevar o fluído. Tras o golpe de ariete a válvula volver a abrir deixando que o fluído volva a saír pola válvula de peche. O ciclo continúa entre 60 e 90 veces por minuto.

Notas[editar | editar a fonte]