Bojutsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bojutsu (en xaponés: 棒術, Bōjutsu, arte do bastón) é unha arte marcial xaponesa en que se aprenden técnicas de manexo de bastóns e hastas. O uso deses obxectos como instrumentos de defensa ou ataque pérdese o tempo, pois hastas, caxatos, bastóns e semellantes son usados polas persoas coas máis diversas finalidades.[1]

As artes marciais tamén se apropiaron deses obxectos e os transformaron a forma e o emprego, e hai rexistro de moitas modalidades de combate con bastón por todo o Oriente. No Xapón, e no vello Reino de Ryukyu, desenvolvéronse varios estilos de bōjutsu. No Xapón, a arte está relacionada ao adestramento dos samurais. En Ryukyu, hoxe Okinawa, a súa práctica é feita nas escolas de Kobudo e está relacionada a algúns estilos de karate.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Koryu Weapons Training» (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  2. Instituto Niten (ed.). «Bojutsu. A arte do bastão» (en portugués). Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  3. Carlos José Martins; Cláudia Kanashiro. Universidade Estadual Paulista, ed. «Bujutsu, Budô, esportes de luta» (PDF) (en portugués). Consultado o 12 de marzo de 2014.