Boyko Borisov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bojko Borisov»)
Boyko Borisov
Бойко Методиев Борисов
Primeiro Ministro de Bulgaria
Período2009–act.
AntecesorSergei Stanishev
Datos persoais
Nacemento13 de xuño de 1959
 Bankya
CónxuxeStela Borisova (divorciado)
Alma máterAcademy of the Ministry of Interior, in Sofia
RelixiónCristianismo ortodoxo
Na rede
http://boykoborissov.bg/
IMDB: nm10600341 Facebook: boyko.borissov.7 Twitter: BoykoBorisov Instagram: boyko.borissov Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Boyko Metodiev Borisov (en búlgaro: Бойко Методиев Борисов), nado en Sofía o 13 de xuño de 1959, é un político búlgaro e en 2009 o Primeiro Ministro de Bulgaria. É enxeñeiro con grao de tenente polo Instituto de Estudos Superiores do Ministerio do Interior en 1978, con especialidade en loita contra incendios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1978 ingresa ao servizo da policía de Sofía, adscrita ao Ministerio do Interior da República de Bulgaria. En 1982, é Comandante de Pelotón e logo Comandante de Compañía. Entre 1985 e 1990, realiza estudos superiores no Instituto Superior de Adestramento e Investigación Científica do Ministerio do Interior, onde obtén o título de Doutor en Ciencias. En 1990, abandona a estrutura do Ministerio do Interior.

En 1991, funda a empresa WON-1 Ltd., a cal é actualmente unha das máis grandes empresas de seguridade do país. O 1 de setembro de 2001, é nomeado Secretario Xeral do Ministerio do Interior, encargado do sistema policial búlgaro, e outórganlle o Grao de Coronel do Ministerio do Interior, de maior xeneral e logo de tenente xeneral. O 10 de novembro de 2005, Borisov é nomeado alcalde da capital búlgara por decisión do Consello Municipal de Sofia No. 270 do 6 de novembro do devandito ano.

Recibiu varios recoñecementos, diplomas e medallas nacionais e estranxeiras (Estados Unidos, Rusia, Francia, España, Turquía, Italia e Europol) no cumprimento do seu deber como oficial de seguridade, en particular pola súa loita contra o crime e o mantemento da orde pública. Igualmente, representou a Bulgaria nun importante número de países cos que mantén relacións de cooperación en materia de loita contra o crime organizado e o tráfico ilícito de drogas.

Realizou un importante labor social, doando o seu soldo mensual durante as súas funcións no Ministerio do Interior a un fondo de axuda para fillos de oficiais de policía falecidos no cumprimento do seu deber, así como de apoio ás súas familias. É, ademais, un activo deportista na especialidade de karate, cun 7º Dan. Foi adestrador do equipo nacional de karate durante moitos anos, así como árbitro internacional na especialidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]