Boicot, Desinvestimentos e Sancións
O Movemento Boicot, Desinvestimentos e Sancións (tamén coñecido como BDS e Movemento BDS) é unha campaña global que trata de incrementar a presión económica e política sobre Israel para que cumpra os obxectivos do movemento: o fin da ocupación israelí e a colonización dos territorios Palestinos e os Altos do Golán, a plena igualdade dos cidadáns árabes palestinos que viven en Israel e o recoñecemento do dereito ao retorno dos refuxiados palestinos.[1]
A campaña está organizada e coordinada polo Comité Nacional Palestino de BDS.[2] A campaña comezou o 9 de xullo de 2005 por máis de 170 ONG palestinas en apoio á causa palestina chamando ao boicot, o desinvestimento e as sancións internacionais contra Israel.[2]
Citando o corpo de resolucións das Nacións Unidas sobre Israel e Palestina,[3] e inspirándose nas campañas antiapartheid en contra da minoría dominante branca en Suráfrica, o movemento BDS chamou a varias formas de boicot contra Israel ata que atenda as súas obrigacións de dereito internacional.[4][5] Leváronse a cabo protestas e conferencias apoiando a campaña por todo o mundo.
Os partidarios da campaña compárana co movemento antiapartheid surafricano de finais do século XX e ven as accións similares aos boicots contra Suráfrica durante a segregación racial.[6][7] Equipasen a situación de Israel co apartheid, citando as numerosas leis israelís polas que se dá un trato discriminatorio aos seus cidadáns de orixe palestina en áreas tan diversas como na participación política, no acceso á terra e á educación ou no proceso xudicial.[8][9]
Os críticos do BDS rexeitan que Israel segregue aos seus cidadáns por orixe étnica ou relixioso. Ademais argumentan que o movemento BDS desincentiva o liderado palestino para negociar con Israel e que é unha campaña antisemita que unicamente busca a deslexitimación de Israel.[10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ¿Qué es la campaña de BDS contra Israel y por qué está funcionando? Eldiario.es. 3 de febreiro de 2014. (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 (en inglés) Palestinian BDS National Committee. Arquivado 31 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. BDS Movement. (en inglés)
- ↑ Human Rights Actions. Resolutions & Decisions (2003-2016). Human Rights Voices. (en inglés)
- ↑ BDS a Israel - Boicot, Desinversiones, Sanciones. (en castelán)
- ↑ Tripp, Charles (2013). The Power and the People: Paths of Resistance in the Middle East (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-80965-8.
- ↑ Boycotts that aid the Palestinians. Al Jazeera. 16 de agosto de 2013. (en inglés)
- ↑ El porqué del boicot a Sudáfrica ayer y a Israel hoy. BDS a Israel. 1 de xaneiro de 2010. (en castelán)
- ↑ (en inglés) The Discriminatory Laws Database. Adalah. (en inglés)
- ↑ Los israelíes de origen palestino, 'ciudadanos de segunda clase'. El Mundo. 27 de novembro de 2014. (en castelán)
- ↑ Israel isn't, and will never be, an apartheid state. Los Angeles Times. 17 de maio de 2014. (en inglés)
- ↑ Is BDS Hate Speech? The Jewish Daily Forward. 14 de febreiro de 2013. (en inglés)