Bogdan Agopsowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBogdan Agopsowicz
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Oblast de Ivano-Frankivsk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1940 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata

Bogdan Agopsowicz (en ucraíno: Богдан Агопсович, "Bohdan Ahopsovych"), nado o 2 de marzo de 1908 en Kuty (hoxe Ucraína) e finado en maio de 1940, foi un sacerdote católico armenio galiciano, morto ao tratar de fuxir da URSS.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 2 de marzo de 1908 en Kuty, unha vila de Galicia con importante poboación armenia, e entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria (Austria-Hungría), na fronteira co Ducado de Bucovina.[1][2][3] Graduouse na Academia Teolóxica de Lviv, e posteriormente foi ordenado sacerdote no rito armenio en 1936.[1][3] Até 1939 exerceu de vigairo da catedral armenia de Lviv[1] e permaneceu alí coa ocupación soviética, sendo Dionizy Kajetanowicz administrador apostólico da arquidiocese armenia.[3] Durante a ocupación, axudou a soldados polacos a fuxir cara a Romanía.

Debido a que os soviéticos querían trasladalo ao gulag en Siberia, en maio de 1940 tentou fuxir da URSS e foi executado pola garda de fronteiras ao tentar cruzar o río Cheremosh para pasar a Romanía.[1][2][3] Descoñécense o lugar e a data exactos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Madała, Tadeusz (1996). Polscy księża katoliccy w więzieniach i łagrach sowieckich od 1918 r (en polaco). Retro. p. 17. ISBN 9788390529264. 
  2. 2,0 2,1 Марцинек, Т (2010). "Рождение и смерть армянской католической церкви в Галиции Куты на Черемоше 1717-1947". Исследования по арменистике в Украине (en ruso) (Simferopol) 2: 50–53. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Чаплицкий, Бронислав; Осипова, Ирина Ивановна (2000). Книга памяти: мартиролог Католической церкви в СССР. Серебряные нити. p. 8.