Saltar ao contido

Bocadillo de salchicha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bocadillo de salchicha
Imaxe
 Composto por
 Parcialmente coincidente con
 Gastronomía
Características
 Material / ingrediente
 Uso
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
TasteAtlashot-dogs Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01b9xk Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Un bocadillo de salchicha con mostaza.

O bocadillo de salchicha (en inglés: hot dog, ‘can quente’) é un bocadillo quente feito cunha salchicha cociñada, que adoita servirse con mostaza ou ketchup[1]. A salchicha adoita ser do tipo Frankfurt (frankfurter), ou vienesa (wiener) fervida, ou fritida; o pan é mol e con forma alongada.

O bocadillo de salchicha foi importado de Alemaña e popularizado nos Estados Unidos, onde se converteu nun alimento de venda na rúa para a clase traballadora.[2] O hot-dog espallouse enormemente en todo o mundo dende os principios do século XX, chegando a ser un alimento que pode atoparse en calquera parte e moi ligado á cultura do béisbol norteamericano. A pesar de que está particularmente conectado coa cidade de Nova York, dende a súa chegada ao continente americano emerxeu como unha importante peza na cultura rexional de moitas outras partes como o é no estado de Sonora en México.

  1. González González, M., ed. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. Galego-castelán-inglés (PDF). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 51.
  2. David Hogan (1997). Selling 'em by the Sack: White Castle and the Creation of American Food (en inglés) (1ª ed.). NYU Press. ISBN 0814735665.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]