Bobby Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bobby Cruz
Nacemento1 de febreiro de 1937
Lugar de nacementoPorto Rico
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncompositor, cantante e compositor de cancións
Na rede
Facebook: BobbyCruzOficial Youtube: UCFbqrxMsmJp3VqBoDIcsrsA Spotify: 0JIMhbNg4VwToE3unSL3C4 iTunes: 133593 Musicbrainz: 6dfabe49-b3fe-41c6-b45b-c3a25e6288a1 Songkick: 488269 Discogs: 21106 Allmusic: mn0000072698 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bobby Cruz, nado en Hormigueros o 1 de febreiro de 1937 é un cantante portorriqueño de salsa e un pastor evanxélico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Nova York, no ano 1964, atopou un cómplice, o seu veciño e amigo Richie Ray, con quen conformou a orquestra Richie Ray e Bobby Cruz. No 1965 logran o seu primeiro éxito profesional: "Comején". A forza deste tema empezou en Nova York e estendeuse a toda América Latina. O público mostrou grande aceptación por esa música alegre dunha combinación entre mambo, guaguancó, cha cha cha, pachanga, son montuno, guajira, jazz, e música clásica.

Entre 1964 e 1974, a vinculación de Richie Ray e Bobby Cruz converteuse nun dos dúos máis populares de salsa no mundo.[Cómpre referencia] Ray e Cruz teñen unha considerábel influencia no mundo da música latina, e están considerados entre os mellores intérpretes e expoñentes da salsa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.