Bob Saget
Aparencia
Robert Lane Saget, nado en Filadelfia o 17 de maio de 1956, e finado o 9 de xaneiro de 2022, foi un cómico, actor e presentador de televisión estadounidense. Foi coñecido por interpretar o papel de Danny Tanner na comedia de situación Full House (1987–1995), na súa secuela Fuller House (2016–2020), e por ser a voz do narrador Ted Mosby en How I Met Your Mother (2005–2014). Dende 1989 a 1997, foi o presentador de America's Funniest Home Videos.
Saget tamén era coñecido pola súa comedia para adultos,[1] e o seu álbum de 2014 That's What I'm Talkin' About foi nomeado ao premio Grammy ao mellor álbum de comedia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biography – Saget, Bob". Thomson Gale. 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bob Saget |