Saltar ao contido

Boards of Canada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boards of Canada
 Nome oficial
    Boards of Canada (en)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
(2000)
 Instancia de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Influído por
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1986 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1986 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF127797227 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121547759 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0prx6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm3161045 Facebook: boardsofcanada Twitter: boardsofcanada Instagram: boardsofcanada Bluesky: boardsofcanada.bsky.social MySpace: abeautifulplace Youtube: UC9D7VN2HldiRFdxFvCcyA7A Vimeo: boardsofcanada Bandcamp: boardsofcanadaSouncloud: boardsofcanada Spotify: 2VAvhf61GgLYmC6C8anyX1 Apple Music: 2989314 Last fm: Boards+of+Canada Musicbrainz: 69158f97-4c07-4c4e-baf8-4e4ab1ed666e Songkick: 229684 Discogs: 307 Allmusic: mn0000758999 Deezer: 1098 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Boards of Canada é un dúo escocés de música electrónica formado polos irmáns Michael Sandison e Marcus Eoin.[1][2] Tras fichar con Skam Records e despois con Warp Records nos anos 90, o grupo conseguiu o recoñecemento tras o lanzamento do seu álbum de estrea Music Has the Right to Children en 1998.[1][3] Os seus seguintes álbums, Geogaddi (2002), The Campfire Headphase (2005) e Tomorrow's Harvest (2013), foron aclamados pola crítica. O dúo mantívose recluído, e rara vez concede entrevistas ou actúa ao vivo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O grupo comeza a súa traxectoria propiamente en 1987, ao xuntarse os irmáns Sandison con amigos dos seus arredores, entre os que se atopaban Chris Horne, que tería posteriormente unha carreira musical á parte co nome de Christ. O nome do grupo provén do National Film Board of Canada, unha institución dependente do goberno canadense semellante a National Geographic, da que Marcus e Mike eran grandes admiradores, chegando a usar fragmentos de son dos seus documentais nas súas cancións.

Co paso do tempo o grupo centraríase soamente nos irmáns Sandison, e a comezos da década dos 90 gravarían as primeiras maquetas no seu propio estudio, chamado Hexagon Sun. As primeiras gravacións distribuíanas entre os seus amigos de Edimburgo, figurando como discográfica Music70, creada por eles mesmos.

En 1995 publican o EP Twoism, o primeiro lanzamento "oficial" do grupo. O disco chegaría a mans de Sean Booth, membro de Autechre e dono de Skam Records, onde publicaron o seguinte EP Hi Scores.

En 1996 lanzan o LP Music Has the Right to Children, o cal sería acollido con grande éxito de crítica e de público. Ao ano seguinte realizarían a súa primeira e única Peel Session.

O seu segundo álbum, Geogaddi, foi publicado no 2002. O enigmático nome, xunto coa portada e as cancións deron lugar a varias teorías sobre o seu significado.

The Campfire Headphase, lanzado no 2005, presenta un son máis orientado cara ao folk.

En 2013, mediante unha elaborada campaña de publicidade previa, anunciouse a publicación do cuarto álbum Tomorrow's Harvest, lanzado en xuño de dito ano.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Music Has the Right to Children 1998 Warp, Skam, Matador
Geogaddi 2002 Warp
The Campfire Headphase 2005 Warp
Tomorrow's Harvest 2013 Warp
Inferno 2026 Warp
  • Twoism - 1995 (Music70) 1995
  • Hi Scores - 1996 (Skam)
  • Aquarius - 1998 (Skam)
  • Peel Session TX 21/07/1998 - 1999 (Warp)
  • In a Beautiful Place Out in the Country - 2000 (Warp/Music70)
  • Trans Canada Highway - 2006 (Warp/Music70)
  1. 1 2 3 "Boards of Canada | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-09.
  2. "Boards of Canada". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-09.
  3. "Boards of Canada: Music Has the Right to Children". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]